“TAMPOUCO A A-74 PARA VERTEBRAR A MARIÑA APARECE REFLECTIDA NOS ORZAMENTOS PARA O 2019” DIXO RODIL

A deputada do BNG, Olalla Rodil, criticou o “castigo” dos orzamentos do Estado con Lugo e Galiza

Rodil puxo como exemplo a falta de investimentos para a autovía Lugo-Santiago ou a modernización do ferrocarricarril

A deputada do BNG, Olalla Rodil, criticou o “castigo” dos orzamentos do Estado con Lugo e Galiza

Lugo, 15 de xaneiro de 2019. A deputada do BNG por Lugo, Olalla Rodil, fixo unha primeira valoración dos orzamentos do estado sinalando o agravio que supoñen as contas do estado para a provincia de Lugo e tamén para o conxunto de Galiza. Para o BNG queda reflectido que Os problemas das e dos galegos deben ser o centro da axenda política do noso país, e non outros impostos desde fóra. Rodil sinalou que estes orzamentos do PSOE foron apoiados por deputados e deputadas galegas dos que pouco se pode esperar por que son sucursais da política do Estado e desleixo cos problemas da sociedade galega.

No caso de Lugo, Olalla Rodil fixo referencia aos retrasos na construción da estrada Lugo – Santiago, que non conta con novas partidas para o ano 2019, e tamén á A-74 na Mariña que tampouco ter orzamentadas partidas que avanzar na súa construción neste exercicio. Rodil sinalou que falta de compromiso co ferrocarril que “non vai contar cun orzamento para a súa modernización na provincia de Lugo, e seguiremos cun servizo ferroviario do século pasado”.

Rodil sinalou o 20% de redución de investimento en Galiza nun momento en que a precariedade social e laboral, a emigración xuvenil ou o posíbel peche de empresas de relevancia caracterizan a realidade socioeconómica que padecemos. O contraste dos datos con respecto a outras comunidades (Valencia, Cataluña, Andalucía) é simplemente insultante para a sociedade galega. A comparativa da tendencia de investimento en Galiza entre a época en que a representación galega en Madrid negociaba melloras e investimentos para o noso país, vía deputados e deputadas do BNG, e o momento actual é demoledora, e deixa ben ás claras que o sucursalismo político é un pésimo negocio para a sociedade galega.

A deputada do BNG, Olalla Rodil, criticou o “castigo” dos orzamentos do Estado con Lugo e Galiza