MONTSE VALCÁRCEL: "CASTROVERDE TEN UN POTENCIAL INMENSO QUE SE DEBE IMPULSAR PARA QUE SEXA UN REFERENTE DESTA COMARCA"
A deputada galega do BNG Montse Valcárcel e a deputada provincial do BNG Iria Castro visitaron a XXVII Feira de artesanía de Castroverde
Montse Valcárcel: "Castroverde ten un potencial inmenso que se debe impulsar para que sexa un referente desta comarca"
Castroverde, 17 de Agosto de 2024.- A deputada galega do BNg Montse Valcárcel, así como pola deputada provincial de Cultura do BNG Iria Castro na XXVII Feira de artesanía de Castroverde ademais de militantes da comarca.
Preto de 50 expositores da comarca estiveron presentes nesta XXVII Feira de artesanía de Castroverde. Ademáis dos expositores tamén tiveron lugar demostracións de obradoiros de artesanía a a actuacións de grupos de música tradicional
Montse Valcárcel mostrou a súa ledicia por poder apoiar esta feira que pon en valor as tradicións desta zona de Lugo "Castroverde ten un potencial inmenso e débese impulsar para que sexa un referente desta comarca " aproveitando a ocasión para destacar a importancia dos oficios tradicionais que deben " contar con políticas de impulso e apoio para ser un motor de desenvolvemento económico das zonas nas que se desenvolven".
Con respecto disto, Valcárcel reclamou "que haxa axudas para que todas as persoas que queiran seguir coas nosas tradicións poidan facelo, cursos e promoción para que estas sabedorías non se perdan".
Para finalizar, a deputada nacionalista quixo agradecer o traballo que fan os artesáns porque "son os que lle dan sentido a esta feira, un lugar que amosa todo o potencial que temos neste País".