A CONCELLEIRA DE CULTURA E O TENENTE ALCALDE, RUBÉN ARROXO RECIBIRON ESTA MAÑÁ A CRISTIAN CAVERO, DIRECTOR DO CORO INTERNACIONAL A PIACERE QUE REALIZA EN LUGO O SEU III ENCONTRO CORAL INTERNACIONAL
Maite Ferreiro: "Comeza a terceira edición do Lugo Music Festival, unha iniciativa que pon a Lugo no mapa da música a nivel internacional e achega á veciñanza actividades culturais de calidade"
A concelleira de Cultura e o Tenente Alcalde, Rubén Arroxo recibiron esta mañá a Cristian Cavero, director do Coro Internacional A Piacere que realiza en Lugo o seu III encontro coral internacional
A actividade enmárcase dentro do Lucus Music Festival, que comeza hoxe os seus actos abertos ao público cun concerto na praza Anxo Fernández Gómez
Lugo, 19 de agosto de 2024. A concelleira de Cultura, Maite Ferreiro, e o Tenente Alcalde, Rubén Arroxo, visitaron a Escola Municipal de Música, onde participaron na benvida ás persoas participantes do III Encontro Coral Internacional organizado polo Coro Virtual A Piacere, unha das novas actividades formativas para profesionais e afeccionados da música enmarcadas no Lucus Music Festival. As actividades abertas á veciñanza comezan hoxe, cun concerto de músicas populares e tradicionais con Banda Sinfónica a partir das 20:30 na praza Anxo Fernández Gómez
Maite Ferreiro destacou que a área de Cultura e Turismo "busca achegar a Lugo un turismo de calidade, fuxindo das masificacións e apostando por unha ampla actividade cultural que poidan desfrutar tanto as veciñas e veciños de Lugo como as persoas que se achegan a pasar uns días", e engadiu "actividades como o Lugo Music Festival permítennos cumprir este obxectivo, posicionando a Lugo como un punto importante na formación musical".
As preto de 60 participantes deste encontro coral contarán con formación a cargo de profesionais da música coral como Lorena Valero, Alberto Ballesta, Gemma Soler, Vivcente Romero, Ruth de los Reyes, Josema Bustamante ou Isabel Barea. A actividade está dirixida polo director Cristian Cavero, e trátase do 3º encontro organizado por este coro nacido de xeito virtual durante a crise sanitaria de 2020.