Descubrimos o novo modelo de contedor - rotonda en Coeo ironizou Rubén Arroxo
O voceiro do BNG-AA sinalou a falta de coordinación nas áreas de goberno que se plasma en situacións tan absurdas como esta, pero é a tónica xeral no concello
Un contedor quedou situado no medio do acceso a Quintela, na parroquia de Coeo, dende a N-VI
Lugo, 30 de xullo, 2015. Rubén Arroxo ironizou sobre a política de grava á carta que está a levar a cabo o concelleiro de Medio Rural nalgunhas parroquias do concello e sinalou que descubrimos o novo modelo de contedor-rotonda en Coeo. Esto non é máis que a plasmación da descordinación existente entre as diferentes áreas do goberno municipal sinalou Arroxo e engadiu que este tipo de despropósitos, que no caso do contedor-rotonda de Coeo é anecdótico, repítense diariamente no funcionamento do goberno municipal.
Rubén Arroxo explicou que na entrada, dende a N-VI, á pista que da acceso a Quintela na parroquia de Coeo quedou posto un contedor do lixo xusto no medio e medio do acceso para o voceiro do BNG-AA trátase dunha irresponsabilidade polo perigo que supón para os vehículos que acceden, sobre todo pola noite, dende a N-VI á pista que leva a Quintela. Arroxo informou que xa trasladou esta circunstancia ao concelleiro de medio rural e responsable das obras por que para que tome as medidas oportunas antes de que se produza unha desgraza.
Para o BNG AA trátase dunha volta atrás na atención ao medio rural xa que estase facendo o mesmo que no século pasado, botando grava nas pistas de calquera maneira e sen unha garantía mínima de calidade. Arroxo sinalou que detectamos en varias parroquias que o asfaltado de pistas faise sen planificación e atendendo máis a intereses partidistas que ás necesidades reais dos veciños. O BNG-AA denuncia que non se están facendo asfaltados en quente que son os que garanten unha boa durabilidade e volveuse á grava preelectoral.