O BNG-AA entrega copia do proxecto para a zona de baño a todos os grupos da corporación

O BNG-AA entrega copia do proxecto para a zona de baño a todos os grupos da corporación

IMG_20160802_121158Rubén Arroxo “se a Confederación autoriza a instalación da rampa de acceso ao río pediremos o apoio a todos os grupos para que o concello asuma a instalación”

O BNG realizou en menos de 10 días trámites que o Concello e a Deputación non foron capaces de realizar en 7 anos

Lugo, 2 de agosto 2016. O voceiro do BNG-AA no concello de Lugo entregoulles hoxe ao resto dos grupos políticos, que teñen representación na corporación municipal, unha copia do expediente aberto na Confederación Hidrográfica sobre a instalación dun acceso seguro para o baño na zona de As Saamasas. Rubén Arroxo anunciou que “se a Confederación autoriza a instalación da rampa de acceso ao río pediremos o apoio a todos os grupos para que o concello asuma a instalación” e engadiu “por eso queremos que todos os grupos estén informados e nos dean o seu apoio”.

Arroxo rexistrou, en nome do BNG-AA, unha solicitude o 20 de xullo que foi respostada pola Confederación o 26 do mesmo mes e o día 1 de agosto Rubén Arroxo entregou a documentación requirida. “O BNG realizou en menos de 10 días trámites que o Concello e a Deputación non foron capaces de realizar en 7 anos” afirmou Arroxo antes de entregar copia dos expedientes aos grupos da corporación. Arroxo lembrou como nin a Deputación nin no concello deron resposta, no seu momento, aos requirimentos emitidos pola Confederación Hidrográfica o que provocou a paralización do expedente no que se tramitaban os permisos para a creación da zona pública de baño na zona de As Saamasas.

Rubén Arroxo indicou que “no caso de que a Confederación conceda o permiso para a instalación desta estrutura entedemos que ten que ser o concello que asuma a súa instalación, mais xa temos previstas outras opcións de finanzamento no caso de que o PSOE continúe boicoteando a zona de baño de público”. “Entendemos que “se esta axilidade se dera en todos os trámites e por parte de todas as administracións involucradas, Lugo xa contaría cunha zona pública de baño fai moito tempo” sentenciou Arroxo.

Para o BNG–AA “o tema da creación da zona pública de baño é unha cuestión de vontade política e o PSOE e o PP teñen demostrado que se adican a enmarañar burocraticamente o asunto por que non teñen esa vontade para que as persoas de Lugo poidan achegarse ao río”. Arroxo remarcou que o BNG mantivo sempre unha postura coherente, tanto cando tivo responsabilidades de goberno como dende a oposición.

O BNG-AA entrega copia do proxecto para a zona de baño a todos os grupos da corporación