FINALMENTE PECHARÁ A PROGRAMACIÓN DE NADAL A CABALGADA DE REIS O DÍA 5 DE XANEIRO DESDE O PARQUE DA MILAGROSA ATÉ A CASA DO CONCELLO

A edil de Cultura, Maite Ferreiro, presentou as actividades de Nadal para o concello de Lugo

Unha das primeiras actividades será o Concerto de Nadal de agrupacións da Escola Municipal de Música
A edil de Cultura, Maite Ferreiro, presentou as actividades de Nadal para o concello de Lugo

Lugo, 12 de decembro de 2019. A edil de Cultura, Maite Ferreiro, presentou as actividades de Nadal para o concello de Lugo. As actividades comezarán o día 14 de decembro e pecharanse o día 5 coa Cabalgada de Reis. A programación recolle actividades musicais e obradoiros ademais do recibimento ao Apalpador e a  Cabalgada de Reis. Na rolda de prensa participaou o músico Pablo Díaz que ofrecerá un concerto, no MIHL, o 23 decembro ás 18:30 h baixo o título 'Coas miñas mans'. Tamén estivo prsente Inacio Vilariño que nos ofrecerá o seu espectáculo 'O castiñeiro do apalpador'  o 26 decembro ás 18:30 h na caixa negra do MIHL.

Unha das primeiras actividades será o Concerto de Nadal de agrupacións da Escola Municipal de Música que contará coa actuación dos grupos de Saxofóns, Trombóns, Bombardinos e Tubas, Pandeireteiras, Grupo Tradicional e por último, actuación conxunta da Banda de Música da Escola Municipal de Música e Coro infantil de alumnos de Linguaxe Musical, o concerto será no Vello Cárcere. Día 19 de decembro a partir das 19.00 h.

A  Feira de artesanía ArteNadal permanecerá aberta na  Praza Anxo Fernández Gómez do 19 de decembro ao 5 de xaneiro. Das 11.00 h ás 14.30 h e das 17.00 h ás 21.00 h (pechado os días 25 de decembro e 1 de xaneiro). O Apalpador chegará á Praza Maior* o día 21 de decembro a partir das 16:30 h. e, previamente, o día 20 de decembro haberá unha charla sobre o Apalpador no Vello Cárcere que leva por título Achegamento ás orixes deste personaxe mítico, da man de José André López González. 

No Vello Cárcere celebrarase unha serie de obradoiros “Descubrindo o Nadal entre días 14 e 21 de decembro ás 12:00 h e ás 18:00 h. Obradoiros familiares e interxeracionais sobre a orixe do Nadal e as diferentes formas de festexar estas datas en diferentes partes do mundo. Outra das programacións que encherá de actividade o MIHL levará por título Brinquedos de Nadal e celebraranse do 23 de decembro ao 3 de xaneiro. Brinquedos de Nadal é unha programación moi especial de actividades de xogo libre e espectáculos de teatro, música e monicreques dirixida aos máis pequenos da casa. A Caixa Negra do MIHL é o escenario escollido para que as nenas e nenos menores de 6 anos compartan as tardes do Nadal coas nais, pais, avoas e avós:  

23 decembro - De 17:00 h a 20:00 h –  Espazo de xogo libre. Pausa ás 18:30 h para a actuación de Pablo Díaz con 'Coas miñas mans'.

26 decembro - De 17:00 h a 20:00 h –  Espazo de xogo libre. Pausa ás 18:30 h para a actuación de Inacio Vilariño con 'O castiñeiro do apalpador'.

27 decembro - De 17:00 h a 20:00 h –  Espazo de xogo libre. Pausa ás 18:30 h para a actuación de Mamá Cabra con ‘Obradoiro de arrolos’.

30 decembro - De 17:00 h a 20:00 h –  Espazo de xogo libre. Pausa ás 18:30 h para a actuación de Trotaventos con ‘Cantacontos a carón da fiestra’.

2 de xaneiro -  De 17:00 h a 20:00 h –  Espazo de xogo libre. Pausa ás 18:30 h para a actuación de Paco Nogueiras con ‘Radio Bulebule’.

3 de xaneiro - De 17:00 h a 20:00 h –  Espazo de xogo libre. Pausa ás 18:30 h para a actuación de Xarope Tulú con ‘O Cardume’.

 

Tamén se celebrarán obradoiros de Panxoliñas no Vello Cárcere. Durante os días 23, 26, 27, 28, 30 de decembro e 2, 3 e 4 de xaneiro de 11:30 h a 13:30 h. Con mostra final do traballo realizado o día 5 de xaneiro, na parte superior da praza Maior, diante da Casa do Concello, previa á Cabalgata. Para nenas e nenos de 4 a 18 anos (Inscricións no Vello Cárcere). O Rancho de Reis do Xeito actuará polo recinto Histórico o 30 de decembro e o 5 de xaneiro ás 17:30 h. con intervencións na rúa e en espazos públicos. Danzantes e Cantareiras e Cantareiros de Oxeito farán Danzas e cantos de Nadal interactuando co público asistente.

A primeira das actividades, xa no vindeiro ano, será o Gran Concerto de Aninovo da Banda Filharmónica de Lugo no Auditorio Municipal Gustavo Freire o día 3 de xaneiro ás 20:30 h. De balde, con retirada de entradas a través de www.entradaslugo.es na Oficina de Turismo e unha hora e media antes da actuación no propio Auditorio. Outra actividade música será o obradoiro concerto-didáctico interactivo con Tundal de Fuxan e amigos e amigas na praza do Campo ás 20:00 e ás 20:45, Campo Castelo ás 21:30. o día 3 de xaneiro. Neste obradoiro faise un repaso polas tradicións asociadas ao solsticio de Inverno ao longo da historia. Dende os cantos de Nadal, ás cantigas da Matanza, Aninovos, Manueles e Panxoliñas. O día 4 de xaneiro Actuación de Conticánticos “Os Trotasongs” no Patio do Vello Cárcere. Día 4 de xaneiro ás 12:30 h. Dirixido a público familiar. Entrada libre ata completar a cabida. Finalmente pechará a programación de nadal a Cabalgata de Reis o día 5 de xaneiro desde o parque da Milagrosa até a Casa do Concello. Saída ás 18.00 h.

 

PROGRAMA NADAL 2019-20

Concerto de Nadal de agrupacións da Escola Municipal de Música:

Vello Cárcere. Día 19 de decembro a partir das 19.00 h  Actuación dos grupos de Saxofóns, Trombóns, Bombardinos e Tubas, Pandeireteiras, Grupo Tradicional e por último, actuación conxunta da Banda de Música da Escola Municipal de Música e Coro infantil de alumnos de Linguaxe Musical.

 

Feira de artesanía ArteNadal

Praza Anxo Fernández Gómez. Do 19 de decembro ao 5 de xaneiro. Das 11.00 h ás 14.30 h e das 17.00 h ás 21.00 h Pechado os días 25 de decembro e 1 de xaneiro.

 

Charla-coloquio "O Apalpador, da prehistoria para o futuro":

Vello Cárcere. Día 20 de decembro ás 20:00 h. Achegamento ás orixes deste personaxe mítico da man de José André López González. 

Benvida ao Apalpador:

Praza Maior*. Día 21 de decembro a partir das 16:30 h. Animación de rúa pola avenida da Coruña, San Roque e Ramón Ferreiro. Obradoiros de danza e música, contacontos, cantigas de Nadal, chegada do Apalpador e foliada final na praza Maior. Actividade para toda a familia.

*En caso de choiva, esta actividade trasladarase ao patio do Vello Cárcere.

Obradoiros “Descubrindo o Nadal”:

Vello Cárcere. Días 14 e 21 de decembro ás 12:00 h e ás 18:00 h. Obradoiros familiares e interxeracionais sobre a orixe do Nadal e as diferentes formas de festexar estas datas en diferentes partes do mundo.

Brinquedos de Nadal:

MIHL. Do 23 de decembro ao 3 de xaneiro

 

Brinquedos de Nadal é unha programación moi especial de actividades de xogo libre e espectáculos de teatro, música e monicreques dirixida aos máis pequenos da casa. A Caixa Negra do MIHL é o escenario escollido para que as nenas e nenos menores de 6 anos compartan as tardes do Nadal coas nais, pais, avoas e avós.

 

Son actividades de balde. A entrada é libre ata completar a cabida. Máis información no MIHL: 982 297446.

 

23 decembro - De 17:00 h a 20:00 h –  Espazo de xogo libre. Pausa ás 18:30 h para a actuación de Pablo Díaz con 'Coas miñas mans'.

26 decembro - De 17:00 h a 20:00 h –  Espazo de xogo libre. Pausa ás 18:30 h para a actuación de Inacio Vilariño con 'O castiñeiro do apalpador'.

27 decembro - De 17:00 h a 20:00 h –  Espazo de xogo libre. Pausa ás 18:30 h para a actuación de Mamá Cabra con ‘Obradoiro de arrolos’.

30 decembro - De 17:00 h a 20:00 h –  Espazo de xogo libre. Pausa ás 18:30 h para a actuación de Trotaventos con ‘Cantacontos a carón da fiestra’.

2 de xaneiro -  De 17:00 h a 20:00 h –  Espazo de xogo libre. Pausa ás 18:30 h para a actuación de Paco Nogueiras con ‘Radio Bulebule’.

3 de xaneiro - De 17:00 h a 20:00 h –  Espazo de xogo libre. Pausa ás 18:30 h para a actuación de Xarope Tulú con ‘O Cardume’.

 

Obradoiro de Panxoliñas:

Vello Cárcere. Durante os días 23, 26, 27, 28, 30 de decembro e 2, 3 e 4 de xaneiro de 11:30 h a 13:30 h. Con mostra final do traballo realizado o día 5 de xaneiro, na parte superior da praza Maior, diante da Casa do Concello, previa á Cabalgata. Para nenas e nenos de 4 a 18 anos.

Inscricións no Vello Cárcere.

 

Rancho de Reis do Xeito:

Recinto Histórico. 30 de decembro e 5 de xaneiro ás 17:30 h. Intervencións na rúa e en espazos públicos do “Rancho de Reis do Xeito”. Danzantes e Cantareiras e Cantareiros de Oxeito farán Danzas e cantos de Nadal interactuando co público asistente.

 

Gran Concerto de Aninovo da Banda Filharmónica de Lugo:

Auditorio Municipal Gustavo Freire. 3 de xaneiro ás 20:30 h. De balde, con retirada de entradas a través de www.entradaslugo.es na Oficina de Turismo e unha hora e media antes da actuación no propio Auditorio.

 

Cantigas de Nadal “O Nadal de Lugo na memoria”:

Praza do Campo ás 20:00 e ás 20:45, Campo Castelo ás 21:30. Día 3 de xaneiro. Obradoiro concerto-didáctico interactivo con Tundal de Fuxan e amigos e amigas. Neste obradoiro faise un repaso polas tradicións asociadas ao solsticio de Inverno ao longo da historia. Dende os cantos de Nadal, ás cantigas da Matanza, Aninovos, Manueles e Panxoliñas...

 

Actuación de Conticánticos “Os Trotasongs”:

Patio do Vello Cárcere. Día 4 de xaneiro ás 12:30 h. Dirixido a público familiar. Entrada libre ata completar a cabida.

 

Cabalgata de Reis:

Día 5 de xaneiro desde o parque da Milagrosa até a Casa do Concello. Saída ás 18.00 h.

A edil de Cultura, Maite Ferreiro, presentou as actividades de Nadal para o concello de Lugo