AS OBRAS COMEZARÁN NESTES DÍAS DO MES DE DECEMBRO E REVISARANSE MÁIS DE 200 TAPAS DE ARQUETAS
Alexandre Penas anunciou máis de 46.000 euros para mellorar o pavimento do casco histórico
A actuación estará principalmente dirixida a arranxar as tapas de sumidoiros e rexistros que se atopan en mal estado
13 dec. 2019 - 10:43
Lugo, 12 de decembro de 2019. Alexandre Penas, concelleiro de Infraestruturas Urbanas, deu conta do inicio dun plan de mellora nos pavimentos do casco histórico. “Queremos que a imaxe da cidade sexa na zona máis visitada sexa a mellor posible e o pavimento está bastante deteriorado, unha das cousas que máis chama a atención e deterioro do entorno das arquetas e tapas de sumidoiros” explicou Penas.
As obras comezarán nestes días do mes de decembro e revisaranse máis de 200 tapas de arquetas. A intervención terá un orzamento total de máis de 46.000 euros segundo explicou Alexandre Penas “tratase de mellorar a calidade de vida das persoas, e hai que lembrar a cantidade de queixas e denuncias que recibe o concello por persoas que sofren caídas ou tropezan nos bordes de moitas destas tapas”.