Educación abre o prazo para presentar as solicitudes das axudas de libros de texto para o vindeiro curso

Felipe Rivas: "agardamos que para o vindeiro curso escolar as familias poidan recibir os vales nas primeiras semanas de clases"

As solicitudes poderán presentarse entre o 1 e o 21 de xuño por sede electrónica ou rexistro presencial

Educación abre o prazo para presentar as solicitudes das axudas de libros de texto para o vindeiro curso

Lugo, 31 de maio de 2022. A concellería de Educación e Difusión do Coñecemento vén de abrir o prazo de solicutide para as axudas para material escolar e libros de texto para familias con baixos recursos, que se entregan anualmente. O concelleiro de Educación, Felipe Rivas, explicou que “continuamos a traballar en mellorar os prazos, e para o curso 2022-23 agardamos poder comezar a entregan as primeiras semanas de clases”.

 

A concellería de educación destinará un total de 40.000 euros para facilitar a adquisición de material escolar, en vales de 100€ para un total de 400 persoas beneficiarias. O criterio único de baremación para a concesión da axuda é a renda per cápita anual da unidade familiar. As solicitudes poderán presentarse entre o 1 e o 21 de xuño, mediante o rexistro telemático do Concello de Lugo de xeito preferente, mais tamén a través do rexistro presencial do Concello e de outras administracións.

 

“Desde a nosa chegada ao goberno traballamos para mellorar a entrega deste tipo de axudas, reducindo os tempos e tratando de mellorar a atención dada ás familias”, explicou Felipe Rivas, que engadiu “este ano, para poder chegar a máis familias, subimos as condicións de concesión do 0.80 ao 0.85 do IPREM”.

 

Educación abre o prazo para presentar as solicitudes das axudas de libros de texto para o vindeiro curso