"O BNG É A ÚNICA FORZA QUE DEFENDE OS INTERESES DE LUGO E DE GALIZA, CON ESTE PACTO, LUGO E TODAS AS GALEGAS E GALEGOS GAÑAMOS", AFIRMOU EFRÉN CASTRO

Efrén Castro: "O acordo de investidura asinado co BNG desbloquea a situación do viaducto do Castro"

O deputado do BNG fixo un balance "moi positivo" das melloras que o acordo suporá para a veciñanza de Lugo

O BNG conseguiu o compromiso de que a execución dos traballos en sentido Madrid quedarán finalizados este ano, mentres que o treito en sentido Lugo se porá en funcionamento antes do remate de 2024

"O BNG é a única forza que defende os intereses de Lugo e de Galiza, con este pacto, Lugo e todas as galegas e galegos gañamos", afirmou Efrén Castro

Efrén Castro: "O acordo de investidura asinado co BNG desbloquea a situación do viaducto do Castro"

 

Lugo, 11 de novembro de 2023. Unha delegación de cargos orgánicos e institucionais do BNG na comarca de Lugo desprazouse ata o viaducto do Castro para amosar o conseguido polo BNG no pacto de investidura do Estado. O Vicepresidente da Deputación, Efrén Castro, estivo acompañado polo portavoz do BNG e Tenente Alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo e por integrantes da candidatura do BNG no concello de Pedrafita do Cebreiro. Efrén Castro fixo un balance "moi positivo" de todas as medidas do acordo, e afirmou afirmou que "todas e todos os lucenses gañamos ao desbloquearse un gran número de cuestións necesarias en materia de infraestructuras".

O BNG conseguiu o compromiso do Goberno do Estado para recuperar a conexión da A-6, unha das principais vías de comunicación de Galiza co resto do estado que leva dende xuño de 2022 inutilizada debido ao colapso deste viaducto. O Goberno do Estado executará os traballos en sentido Madrid antes de final de ano, mentres que o treito en sentido Lugo estará en funcionamento antes do remate de 2024.

Entre o conseguido nas negociacións polo BNG en materia viaria, figura tamén a finalización dos treitos pendentes de execución da Autovía Lugo – Santiago antes do peche do exercicio 2024 e o estudo de actuacións de mellora en todo o percorrido da N-VI en Galiza.

O BNG conseguiu tamén un plan de modernización da rede ferroviaria galega, co que se avanzará na modernización e electrificación da liña ferroviaria Lugo – A Coruña, no treito que comunica Lugo e Betanzos, ademais de realizar un estudo sobre a variante de Curtis e Ordes que permita a conexión directa en tren entre Lugo e Compostela.

Neste sentido, Efrén Castro  pon en valor os logros conseguidos e sinala que este acordo "demostra a importancia de ter unha forza política como o BNG, a única forza coas mans libres que verdadeiramente defende os intereses da Galiza".

Efrén Castro: "O acordo de investidura asinado co BNG desbloquea a situación do viaducto do Castro"