REXEITOU, SEN DEBATE, A PROPOSTA DE DECLARACIÓN INSTITUCIONAL REALIZADA DENDE O BNG E QUE SE SITUABA NA LIÑA DO ACORDADO DÍAS PREVIOS POLA FEGAMP

O equipo de goberno en Outeiro de Rei rexeita unha declaración institucional contra do xenocidio en Gaza

Rexeitou, sen debate, a proposta de declaración institucional realizada dende o BNG e que se situaba na liña do acordado días previos pola FEGAMP

O equipo de goberno en Outeiro de Rei rexeita unha declaración institucional contra do xenocidio en Gaza



Outeiro de Rei, 25 de stenbro de 2025. "O Alcalde de Outeiro de Rei e o seu equipo de goberno convértense en negacionistas do xenocidio palestino, malia que este foi declarado xa por Nacións Unidas. Néganse a alzar a voz diante da morte de nenos e nas, da fame e da vulneración sistemática dos Dereitos Humanos" – indicou o concelleiro nacionalista Miguel Vieito.

O BNG do Concello de Outeiro de Rei levou entre as súas iniciativas ao pleno de hoxe 25 de setembro, unha proposta de declaración institucional, que contiña un chamado á paz e ao respecto dos Dereitos Humanos na franxa de Gaza e Cisxordania; e en contra da actuación do Goberno de Israel. A Alcaldía bloqueou a proposta sen ningún tipo de acordo ou transacción ao respecto. Só se aceptou o mantemento dun minuto de silencio, evitando o Alcalde a mención á palabra "xenocidio" e sen unha condea expresa ás accións do Estado de Israel.

Ademais desta materia, os nacionalistas preguntaron á Alcaldía polo recente anuncio de compra do ximnasio D10 por parte do Clube Fluvial de Lugo, que podería afectar a máis de 600 familias de Outeiro de Rei. "Esta operación, que podería ter un custo de 1.000€, en modalidade individual e 1.500 na familiar para cada veciño e veciña que hoxe usa do D10, non foi merecente de ningunha alusión concreta por parte da Alcaldía. Lamentamos a escasa preocupación que o Alcalde parece mostrar diante desta situación que preocupa á nosa veciñanza" – Indicou Noelia Fompedriña, concelleira nacionalista.


Solicitouse tamén polo BNG a execución de medicións de gas radón no Concello (catalogado como de elevado risco), para a protección dos empregados municipais; ao que tamén se contestou en negativo. O Pleno tamén se viu marcado polos orzamentos de 2025, aínda pendentes de aprobación no Concello, malia a maioría absoluta popular. Os nacionalistas afean ao equpo de goberno que, máis dun ano despois da data obrigatoria para a súa aprobación, aínda non foi quen de os aprobar definitivamente; nun movemento que encadran no escurantismo e falta de transparencia do equipo de goberno con respecto aos orzamentos.

O equipo de goberno en Outeiro de Rei rexeita unha declaración institucional contra do xenocidio en Gaza