Ermitas Rodríguez, candidata do BNG á alcaldía de Meira

undefined

Foi elixida por unanimidade pola asemblea local do BNG

Ermitas é enxeñeira agrónoma de profesión e gandeira, e unha recoñecida activista social e cultural da comarca.

Ermitas Rodríguez, candidata do BNG á alcaldía de Meira

Meira, 12 de abril de 2023. A asemblea local do Bloque Nacionalista Galego en Meira decidiu por unanimidade que Ermitas Rodríguez Gómez sexa a cabeza da lista da candidatura nacionalista á alcaldía de Meira.

Ermitas Rodríguez é enxeñeira agrónoma de profesión e gandeira, profundamente coñecedora da realidade social e económica do Concello, e unha activista recoñecida en toda a comarca de Meira. Encabeza un grupo de por un equipo de 11 compañeiros e compañeiras que representan todos os sectores sociais e económicos do Concello. Nela intégranse persoas con experiencia política municipal de décadas, xunto con outras novas que pretenden contribuír con saiba, tamén nova, a un proxecto que ilusione.

Ermitas Rodríguez declarou “afronto este reto con orgullo e responsabilidade. O proxecto do BNG en Meira invita a participar a todas as persoas que pensan que hai unha maneira de facer política achegada aos problemas das persoas, e abre un novo camiño ás vindeiras xeracións”

A candidata nacionalista destacou que “Meira ten capacidade de sobra para xerar oportunidades; desde o BNG temos ideas, temos equipo e ilusión, e saímos a por todas para liderar o goberno municipal”.

Do mesmo modo, Ermitas Rodríguez salientou “o BNG é unha forza que ten como obxectivo traballar polas persoas, por isto cada vez se suma máis xente ao noso proxecto, porque queremos dar pasos adiante e consolidar a mellora da vida da nosa veciñanza”

Ermitas Rodríguez, candidata do BNG á alcaldía de Meira