Felipe Rivas presenta o torneo de xadrez de Semana Santa

O Goberno de Lugo e a Asociación cultural Xaquedrum levan adiante esta proposta con distintas actividades que promocionarán o xadrez nas rúas e nos centros de ensino

O torneo terá lugar o vindeiro domingo 3 entre as 17:00 e as 19:30 no soto da praza de Abastos

Felipe Rivas presenta o torneo de xadrez de Semana Santa

Lugo, 25 de marzo de 2022. O Goberno de Lugo e a asociación cultural Xaquedrum continúan co ciclo de promoción do xadrez “Xadrez para todas”, cun novo torneo escolar e de partidas rápidas. Estas actividades nacen co obxectivo de “espertar a curiosidade  e o interese polo xadrez, achegando ás familias sobre as vantaxes que a súa práctica representa sobre a dimensión educativa”, explicou Felipe Rivas.

O Torneo de Xadrez Escolar de Semana Santa terá lugar o vindeiro domingo 3 de abril, entre as 17:00 e as 19:30 no soto da Praza de Abastos. O torneo estará aberto á participación tanto de xogadores e xogadoras con elo FIDE e sen entrar na clasificación, na modalidade Open. O ritmo de xogo será de 15 minutos. As categorías serán sub8, sub10, sub12 e absoluta.

A inscrición para este torneo pecharase o vindeiro 1 de abril ás 20:00, e a información pode atoparse nas redes sociais e na web da asociación cultural Xaquedrum.

Felipe Rivas destacou “o grande interese que está a achegar o xadrez na poboación”, e engadiu “a práctica do xadrez supón un magnífico instrumento para adquirir unha maior axilidade mental e unha serie de habilidades sociais tales como a capacidade de concentración e de síntese, ademais de mellorar a memoria, o cálculo, a toma de decisións ou a creatividade”.

Actividades Xadrez para Todas

 

TORNEO DE  XADREZ ESCOLAR DE SEMANA SANTA

Lugar: Soto da  Praza de Abastos.

Calendario: 3 de abril.

Descrición: Torneo de xadrez aberto a todos/ as os/as lucenses. Por categorías segundo o nivel deportivo e por idades.

 

TORNEO DE  XADREZ ESCOLAR  FESTA FINAL

Lugar:  Praza Maior.

Calendario: 17  maio.

Descrición: Torneo de xadrez aberto a todos/ as os/ as lucenses. Por categorías segundo o nivel deportivo e por idades.

 

TORNEO DE  XADREZ ESCOLAR NADAL

Lugar:  Praza Maior.

Calendario: 18  decembro.

Descrición: Torneo de xadrez aberto a todos/as os/as lucenses. Por categorías segundo o nivel deportivo e por idades.

 

XAQUE  NAS AULAS

Lugar:  Escolas de infantil e  colexios públicos de Lugo.

Calendario: Desde Marzo a Decembro.

Descrición: Este programa  achega o xadrez ás aulas  infantil e primaria para formar, durante tres sesións, aos/ as alumnos/ as de 5º,6º de infantil e 1º de Primaria na práctica do xadrez, tendo en conta dos indubidables efectos positivos que esta disciplina ten para os estudantes, tanto a nivel persoal como intelectual.

 

XADREZ  XIGANTE E BAÚL  VIAXEIRO

Lugar:  Praza Maior.

Calendario: 2,  ao 22 de xuño de luns a venres.

Descrición: Xadrez xigante, clases de xadrez, xadrez convencional e biblioteca itinerante para os máis pequenos.

 

VIAXE POLA HISTORIA  DO  XADREZ

Lugar:  Praza do  Castiñeiro.

Calendario: 1  ao 15 de xullo de luns a venres.

Descrición: Xadrez xigante, clases de xadrez, xadrez convencional e biblioteca itinerante para os máis pequenos.

 

VOLTA AO COLE DIVERTIDO

Lugar:  Praza maior de Lugo.

Calendario: 1  ao 30 de setembro de luns a venres.

Descrición: Xadrez xigante, clases de xadrez, xadrez convencional e biblioteca itinerante para os máis pequenos.

Felipe Rivas presenta o torneo de xadrez de Semana Santa