Felipe Rivas presenta o torneo de xadrez de Semana Santa

O Goberno de Lugo e a Asociación cultural Xaquedrum levan adiante esta proposta con distintas actividades que promocionarán o xadrez nas rúas e nos centros de ensino

O torneo terá lugar o vindeiro domingo 15 no soto da praza de Abastos

Felipe Rivas presenta o torneo de xadrez de Semana Santa

Lugo, 02 de abril de 2023. O Goberno de Lugo e a asociación cultural Xaquedrum continúan co ciclo de promoción do xadrez “Xadrez para todas”, cun novo torneo escolar e de partidas rápidas. Estas actividades nacen co obxectivo de “espertar a curiosidade  e o interese polo xadrez, achegando ás familias sobre as vantaxes que a súa práctica representa sobre a dimensión educativa”, explicou Felipe Rivas.

O Torneo de Xadrez Escolar de Semana Santa terá lugar o vindeiro domingo 15 de abril, a partir das 17:00 30 no soto da Praza de Abastos. O torneo estará aberto á participación tanto de xogadores e xogadoras con elo FIDE e sen entrar na clasificación, na modalidade Open. O ritmo de xogo será de 15 minutos. As categorías serán sub8, sub10, sub12 e absoluta.

Toda a información pode atoparse nas redes sociais e na web da asociación cultural Xaquedrum.

Felipe Rivas destacou “o grande interese que está a achegar o xadrez na poboación”, e engadiu “a práctica do xadrez supón un magnífico instrumento para adquirir unha maior axilidade mental e unha serie de habilidades sociais tales como a capacidade de concentración e de síntese, ademais de mellorar a memoria, o cálculo, a toma de decisións ou a creatividade”.

 

Felipe Rivas presenta o torneo de xadrez de Semana Santa