Felipe Rivas: “tramitamos as axudas para libros de texto en 3 meses menos que anos anteriores”

Felipe Rivas
Felipe Rivas

A concellería de Educación vén de publicar as listaxes provisionais das axudas para libros de texto e material escolar, cuxo prazo de alegación durará ata o 26 de agosto

“As familias poderán desfrutar das axudas nos primeiros días de curso”, afirmou Felipe Rivas

 

Felipe Rivas: “tramitamos as axudas para libros de texto en 3 meses menos que anos anteriores”

Lugo, 13 de agosto de 2021.O Concelleiro de Educación e Difusión do Coñecemento, Felipe Rivas, anunciou a publicación das listaxes provisionais das axudas para a compra de libros de texto e material escolar para familias con baixos recursos. "Por segundo ano consecutivo melloramos os tempos deste trámite, realizando todo o procedemento en 3 meses menos que anos anteriores para conseguir que as familias poidan desfrutar destas axudas nos primeiros días de curso", afirmou Felipe Rivas, que engadiu "desde a concellería de Educación esforzámonos cada ano en facilitar ás familias, no menor prazo de tempo posíbel, esta axuda que serve para garantir o acceso ao material a moitas nenas e nenos".

A concellería de educación destina un total de 40.000 euros para facilitar a adquisición de material escolar, en vales de 100€ para un total de 400 persoas beneficiarias. O criterio único de baremación para a concesión da axuda é a renda per cápita anual da unidade familiar quedando este ano establecido o tope en 6.326,88€, o 0.8 do IPREM. En total, este ano recibíronse 565 solicitudes, concedéndose as axudas a 338 nenas e nenos.


As listaxes provisionais poden consultarse no taboleiro de anuncios do concello, no 010 e na web municipal. O prazo de alegacións para as familias cuxa solicitude foi denegada estará aberto ata o 26 de agosto. Unha vez se valoren as alegacións, publicaranse as listaxes definitivas e realizarase a entrega dos vales.

Felipe Rivas: “tramitamos as axudas para libros de texto en 3 meses menos que anos anteriores”