A CANDIDATA DO BNG REUNIUSE EN MONFORTE CON REPRESENTANTES DO TECIDO EMPRESARIAL DA COMARCA DO SUR DE LUGO

“Galiza non pode perder 3.000 millóns dos nosos impostos que van ao estado español”

IMG_8853
Xuntanza con representantes do tecido empresarial en Monforte


A candidata do BNG reuniuse en Monforte con representantes do tecido empresarial da comarca do sur de Lugo
Para Rodil “para que as nosas vilas e comarcas poidan desenvolverse precisamos fondos e para iso hai que cambiar o modelo de finanzamento que é lesivo para este país”

“Galiza non pode perder 3.000 millóns dos nosos impostos que van ao estado español”

Monforte de Lemos, 14 de setembro 2016. Olalla Rodil, cabeza do lista do BNG por Lugo ao Parlamento Galego, reclamou hoxe en Monforte un sistema de finanzamento para Galiza que  permita xestionar os propios recursos e decidir en que se gastan os cartos que as galegas e galegos pagamos cos nosos impostos. A candidata do BNG ao Parlamento Galego por Lugo mantivo unha xuntanza, en Monforte, con representantes do tecido empresarial da comarca do sur de Lugo e achegouse ata a vila de Quiroga para manter un encontro con militantes e simpatizantes.

“esto permitiría mellorar e manter os servizos públicos e convertelos, verdadeiramente, en dereitos universais para todas as galegas e galegos”

Rodil lembrou que hai un desfase entre os impostos que se pagan dende Galiza á facenda española e que "son máis de 3.000 millóns de euros os que se ingresan nas arcas madrileñas e que non retornan para Galiza" e engadiu que “Galiza non pode perder 3.000 millóns dos nosos impostos que van ao estado español”. A candidata nacionalista sinalou que “hoxe mesmo a FEGAMP recoñece que os nosos concellos saen seriamente perxudicados polo modelo de finanzamento que está establecido, pero se o BNG non está ninguén vai facer nada para reverter esta situación”. A FEGAMP emitiu hoxe un comunicado no que se dí que neste ano os concellos deixaron de ingresar cinco millóns de euros polo mal reparto do chamado “céntimo sanitario”.

Para o BNG “é preciso cambiar cambiar o sistema de finanzamento para que en Galiza se poidan investir os propios recursos que xeneramos” xa que “existen grandes empresas que, a pesares de producir en Galiza, pagan os seus impostos en Madrid”. Olalla Rodil sinalou que “é fundamental que a Xunta de Galiza xestione, por exemplo, os fondos procedentes dos impostos de sucesións” por que “esto permitiría mellorar e manter os servizos públicos e convertelos, verdadeiramente, en dereitos universais para todas as galegas e galegos”.
 

“Galiza non pode perder 3.000 millóns dos nosos impostos que van ao estado español”