“GARANTÍA DE DEMOCRACIA, TRABALLO, TRANSPARENCIA E HONRADEZ PARA GUITIRIZ”

“GARANTÍA DE DEMOCRACIA, TRABALLO, TRANSPARENCIA E HONRADEZ PARA GUITIRIZ”

CandidaturaGuitiriz_conMaríadoPilarGarcíaNegroO BNG-Asembleas Abertas presentou en Guitiriz a candidatura coa que concurrirá ás eleccións municipais de maio, coa que “queremos construír un Guitiriz con futuro” defendeu o candidato Xosé Luis González “Pereira”.

 O candidato nacionalista defendeu que “no BNG-Asembleas Abertas temos propostas constrastadas e estudadas, son propostas de futuro para Guitiriz” dixo.

Guitiriz, 3 de maio de 2015. O BNG – Asembleas Abertas presentou en Guitiriz a candidatura coa que concurrirá ás eleccións municipais de maio. No acto, celebrado na Casa das Palabras, participaron a escritora e tamén integrante da candidatura, Marica Campo, a profesora da Universidade da Coruña, María do Pilar García Negro, e o candidato do BNG-Asembleas Abertas á Alcaldía de Castroverde, Xosé Luis González, máis coñecido en Guitiriz como “Pereira”.

Xosé Luis González agradeceu o compromiso “necesario” das persoas que “sen ser militantes do BNG apostan polo nacionalismo galego como proxecto de futuro para este país e para Guitiriz”. O candidato nacionalista sinalou que “a candidatura do BNG-Asembleas Abertas é a candidatura máis adecuada para pilotar o despegue do noso Concello”.

Pola súa banda, Marica Campo destacou que a candidatura do BNG-Asembleas Abertas é “xente preparada, coherente, con ilusión” e, engadiu, “sabemos e queremos transformar este Concello nun Concello con futuro” dixo Campo.

Propostas “contrastadas e estudadas” para o futuro de Guitiriz

O candidato nacionalista defendeu que “no BNG-Asembleas Abertas non vendemos fume como fan outros, nós temos propostas contrastadas e estudadas, propostas de futuro para Guitiriz”. Así, lanzou algunhas das propostas programáticas do BNG-Asembleas Abertas para Guitiriz: “defenderemos as nosas producións agrogandeiras , forestais, e o noso comercio local creando os mecanismos municipais para apoiar os nosos sectores produtivos. Traballaremos para que o I.E.S. Diaz Castro poida ter un ciclo medio de soldadura e calderería” dixo Xosé Luis González.

 

Do mesmo xeito, o candidato nacionalista sinalou tamén como propostas do BNG-Asembleas Abertas o apoio á 3ª idade, á infancia e ás persoas dependentes. “En Guitiriz urxe crear e garantir servizos públicos básicos, apoiando e fomentando os comedores escolares, así como garantir, preservar e ampliar os servizos sanitarios” defendeu González. “Desde o BNG-Asembleas Abertas propoñemos a recollida do lixo porta a porta para mellorar a recollida selectiva e rebaixar a factura de SOGAMA, e daremos continuidade a eliminación do colector de recollida de augas fecais que vai ao longo do río Forxᔠdixo tamén o candidato.

 

Así mesmo, Xosé Luís González tamén quixo adiantar outras propostas do BNG-Asembleas Abertas, neste sentido, indicou que “desde o Concello, traballaremos man a man co tecido asociativo para programar actividades que dinamicen a vida de Guitiriz. Construiremos unhas pistas polideportivas ao aire libre. Colaboraremos co evento máis importante do noso Concello, o Festival de Pardiñas”.

Democracia, traballo, transparencia e honradez

Todas as persoas intervintes coincidiron en deixar claro que “as e os integrantes da candidatura do BNG-Asembleas Abertas presentámonos co convencemento de que o nacionalismo galego é garantía de democracia, traballo, transparencia e honradez para Guitiriz” e, sinalaron que, “Queremos un goberno transparente e que a veciñanza e as súas organizacións (asociacións, partidos políticos…) estean presentes nas tomas de decisións”, dixeron.

 

 

CANDIDATURA DO BNG-ASEMBLEAS ABERTAS DE GUITIRIZ

 

1. XOSE LUIS GONZALEZ SOUTO “Pereira”

2. MÓNICA ROCA ARES

3. ALFONSO LOSADA RODRIGUEZ

4. JOSEFA PAZ CASTRO

5. ROBERTO ANTON SANTAMARIÑA AMENEDO

6. MARIA DEL PILAR SANCHEZ QUINTANA

7. MANUEL JESUS FIGUEIRA MANCEBO

8. ALBA DOPICO NOVO

9. VICTOR MANUEL LOPEZ NUÑEZ

10. ANA ROSENDE FERNANDEZ

11. BRAIS ARIAS RIO

12. MARIA PILAR TRINIDAD CAMPO DOMINGUEZ

13. ANDRÉS ANTÓN PEREZ GARCIA

 

Suplentes:

1. XURXO LOPEZ CALVO

“GARANTÍA DE DEMOCRACIA, TRABALLO, TRANSPARENCIA E HONRADEZ PARA GUITIRIZ”