QUEREMOS CONSTRUÍR UN CONCELLO QUE FUNCIONE, UN CASTROVERDE CON FUTURO DIXO XOSÉ GÓMEZ
O BNG-Asembleas Abertas presentou en Castroverde a candidatura coa que concurrirá ás eleccións municipais de maio, a máis adecuada para pilotar o despegue do noso Concello defendeu Xosé Gómez.
Gómez agradeceu o compromiso necesario das persoas que sen ser militantes do BNG apostan polo nacionalismo galego como proxecto de futuro para este país e para Castroverde.
Castroverde, 3 de maio de 2015. O BNG Asembleas Abertas presentou en Castroverde a candidatura coa que concurrirá ás eleccións municipais de maio. No acto, celebrado na Praza do Concello, participaron Iria Castro, integrante da candidatura, o candidato do BNG-Asembleas Abertas á Alcaldía de Castroverde, Xosé Gómez, e o Delegado de Cultura na Deputación de Lugo, o nacionalista Mario Outeiro.
Xosé Gómez agradeceu o compromiso necesario das persoas que sen ser militantes do BNG apostan polo nacionalismo galego como proxecto de futuro para este país e para Castroverde. O candidato nacionalista sinalou que a candidatura do BNG-Asembleas Abertas é a candidatura máis adecuada para pilotar o despegue do noso Concello.
Pola súa banda, Iria Castro destacou que a candidatura do BNG-Asembleas Abertas é xente preparada, coherente, con ilusión e, engadiu, sabemos e queremos transformar este Concello nun Concello con futuro dixo Castro.
Propostas de futuro para Castroverde
A moza Iria Castro, referiuse tamén a problemas que está a sufrir Castroverde como o desemprego e a emigración, especialmente a xuvenil, dixo. Así, sinalou como propostas do BNG-Asembleas Abertas o impulso ao cooperativismo agrario, gandeiro e forestal, a organización de cursos formativos e apoio a producións alternativas e ecolóxicas, o fomento da feira quincenal para comercializar esta produción e o necesario apoio ao comercio local e ás traballadoras e traballadores autónomos.
Do mesmo xeito, Gómez indicou tamén que desde o BNG-AA non imos vender fume, temos propostas concretas e estudadas, como é a necesidade de creación de depuradoras de augas residuais en todos os núcleos de poboación e traídas de auga potable por todo o Concello. A posta en marcha dun plan de reciclaxe e dunha planta de compostaxe comarcal ou a extensión de internet e banda ancha a todo o Concello. dixo o nacionalista.
Así mesmo, Xosé Gómez tamén quixo adiantar outras propostas do BNG-Asembleas Abertas, neste sentido destacou a necesidade de realizar unha xestión pública da residencia e centro de día, a ampliación e mellora do programa SAF, a creación dunha escola infantil ou a programación de actividades para persoas maiores nos Centros Sociais das parroquias entre outras.
Democracia, traballo, transparencia e honradez
Por último, Xosé Gómez quixo deixar claro que as e os integrantes da candidatura do BNG-Asembleas Abertas presentámonos co convencemento de que o nacionalismo galego é garantía de democracia, traballo, transparencia e honradez para Castroverde e, sinalou, Queremos un goberno transparente e que a veciñanza e as súas organizacións (asociacións, partidos políticos ) estean presentes nas tomas de decisións. dixo Gómez.
CANDIDATURA DO BNG-ASEMBLEAS ABERTAS DE CASTROVERDE
1. XOSÉ GÓMEZ FERNÁNDEZ
2. MARÍA CANDO MOURIZ
3. GUTIER FERREIRO FERNÁNDEZ
4. MARÍA LUISA ÁLVAREZ FOUZ
5. IRIA CASTRO FERNÁNDEZ
6. PABLO GONZÁLEZ PÉREZ
7. MARÍA YOLANDA CARPINTERO GONZÁLEZ
8. XOSE ANTÓN BALADO ÁLVAREZ
9. LEONARDO FERREIRO TALLÓN
10. ENRIQUE LÓPEZ SÁNCHEZ
11. PABLO ROBERTO FERREIRO TALLÓN