O Goberno de Lugo homenaxea ao persoal sanitario polo día internacional da enfermería

Maite Ferreiro e Rubén Arroxo xunto coas enfermeiras

Rubén Arroxo: “a COVID demostrou a importancia de contar con medios materiais e recursos humanos suficientes para garantir a atención sanitaria”

O día internacional da Enfermería busca este ano mostrar o futuro da profesión, como transformación da atención médica

 

O Goberno de Lugo homenaxea ao persoal sanitario polo día internacional da enfermería

Lugo, 12 de maio de 2021. O Tenente de Alcalde, Rubén Arroxo, xunto con Maite Ferreiro e a edil responsábel do departamento de saúde pública municipal, Cristina López, recibiron esta mañá no Concello a un grupo de enfermeiras do SERGAS, que protagonizaron a homenaxe realizada polo Goberno Municipal ao persoal sanitario. Cristina López afirmou que “a COVID-19 demostrou  a calidade do noso servizo público de saúde, e a importancia de contar con medios materiais e recursos humanos para garantir a atención que merece a veciñanza”.

Cristina López agradeceu o traballo do persoal sanitario, “que tivo que saír adiante nunha situación moi complicada, con poucos coñecementos nos primeiros días de pandemia”, e destacou “o esforzo das profesionais da atención primaria, a porta de entrada ao sistema público de saúde”, para o que reclamou “profesionais e equipamento para garantir o acceso á saúde pública”.

O Día Internacional da Enfermería celébrase anualmente no 12 de maio, data de nacemento de Florence Nightingale, considerada creadora da enfermería moderna. No ano 2021, o Consello Internacional da Enfermería adica esta celebración a mostrar como a enfermería mirará cara o futuro, e como a profesión transformará a vindeira etapa da atención médica, baixo o lema Enfermería: Unha voz para liderar – unha visión de futuro para a atención da saúde.

O Goberno de Lugo homenaxea ao persoal sanitario polo día internacional da enfermería