A CONCELLERÍA DE INFRAESTRUTURAS ACTUOU NESTES DÍAS NESTE VIAL, QUE UNE AS RÚAS MAR CANTÁBRICO E REI CHIQUITO

O Goberno de Lugo renova o asfalto na pista de Marcelle, no barrio da Piringalla

Rubén Arroxo: "seguimos traballando para mellorar a calidade de vida das veciñas e veciños das zonas urbanas e periurbanas"

O Goberno de Lugo renova o asfalto na pista de Marcelle, no barrio da Piringalla

Lugo, 21 de xullo de 2021. O Tenente Alcalde, Rubén Arroxo, visitou xunto con Alexandre Penas, concelleiro de Infraestruturas o barrio da Piringalla, onde se está a renovar o asfaltado da pista de Marcelle. Arroxo explicou que  "o firme desta vía estaba moi desgastado e era necesario realizar unha intervención para mellorar a seguridade e a calidade de vida da veciñanza da zona".

A solución adoptada pola concellería de Infraestruturas Urbanas consiste na aplicación dunha capa de rodadura baseada en mestura asfáltica en quente, que asegurará o selado do firme ante a acción da auga superficial, o que asegurará que a intervención sexa duradeira. A intervención foi adxudicada a Construcciones Leonardo Miguélez SL cun orzamento de 19.178,50€

Arroxo destacou que "desde a concellería de Infraestruturas planificamos o traballo a realizar tendo en conta as solicitudes das veciñas e veciños, que son quen coñecen de primeira man as necesidades da zona na que viven".

 

O Goberno de Lugo renova o asfalto na pista de Marcelle, no barrio da Piringalla