O Goberno de Lugo renova o lousado das instalacións de Radio Taxi no parque de Frigsa

Rubén Arroxo: “seguimos avanzando na renovación da imaxe das infraestruturas municipais da contorna do parque de Frigsa”

O Goberno de Lugo actuou durante os últimos anos no exterior do auditorio municipal Gustavo Freire e está a realizar tamén melloras no exterior do MIHL

 

O Goberno de Lugo renova o lousado das instalacións de Radio Taxi no parque de Frigsa

Lugo, 15 de xaneiro de 2022. O Tenente Alcalde, Rubén Arroxo xunto co edil de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, visitaron as instalacións de Radio Taxi no parque de Frigsa, onde o Goberno de Lugo está a renovar o lousado da edificación. Arroxo explicou que “con esta intervención seguimos avanzando na renovación  da imaxe das infraestruturas municipais da contorna do parque de Frigsa ao mesmo tempo que melloramos a calidade das instalacións do servizo municipal de taxis”.

 

Rubén Arroxo explicou que “desde a concellería de Infraestruturas realizamos nestes anos unha serie de intervencións destinadas a mellorar as instalacións da contorna de frigsa”, e destacou ”a renovación do exterior do Auditorio Municipal Gustavo Freire, unha actuación executada durante o 2020 que foi moi demandada tanto polos colectivos culturais que fan uso das instalacións como das usuarias e usuarios do parque de Frigsa e que durante o 2021 permitiu realizar unha gran cantidade de actividades no exterior do auditorio”.

 

O Tenente Alcalde lembrou que se están a executar os traballos de instalación de novo alumeado público na zona exterior do museo. Arroxo explicou que "continuamos a avanzar na mellora da accesibilidade da zona, eliminando unha zona escura da cidade e mellorando o acceso ao museo".

Con esta actuación, o Goberno de Lugo instalará 23 novas luminarias LED, de 53W, avanzando na instalación de luminarias de baixo consumo en todas as instalacións da rede de alumeado público de Lugo.

O Goberno de Lugo renova o lousado das instalacións de Radio Taxi no parque de Frigsa