MAÑÁ APROBARASE O PROCEDEMENTO DE LICITACIÓN, QUE SAIRÁ CUN ORZAMENTO BASE DE 82.056,76€ E UN PRAZO DE EXECUCIÓN DE 8 SEMANAS

O Goberno de Lugo renovará o alumeado das rúas Montirón e Mapoula, no treito comprendido entre a rúa San Roque e a Ronda das Mercedes

Rubén Arroxo: "estas rúas contan actualmente con luminarias que teñen xa máis de 20 anos, que quedaron obsoletas, e que serán substituídas por luminarias LED de baixo consumo e maior luminosidade"

O Goberno de Lugo renovará o alumeado das rúas Montirón e Mapoula, no treito comprendido entre a rúa San Roque e a Ronda das Mercedes

Lugo, 27 de xullo de 2021. O Tenente Alcalde e concelleiro responsábel da área de Mobilidade e Infraestruturas, Rubén Arroxo, anunciou que o Goberno de Lugo aprobará mañá o inicio do procedemento de licitación para renovar a rede de alumeado público nas rúas Montirón e Mapoula, no treito que vai da rúa San Roque á Ronda das Mercedes. Rubén Arroxo explicou que "o alumeado actual ten xa máis de 20 anos, e quedou obsoleto, dado que algunhas das luminarias utilizadas na zona xa non se fabrican".

 

A instalación actual está formada por luminarias de Vapor de Sodio de 150W e luminarias fluoresecentes de 70W, que "serán substituídas por luminarias LED con consumos inferiores e cunha mellor luminosidade", explicou o Tenente Alcalde, que engadiu "isto permitirá, ademais de aforrar no gasto realizado polo concello en enerxía eléctrica, mellorar a seguridade das veciñas e veciños, aplicando tamén a perspectiva de xénero".

 

O Goberno de Lugo aprobará mañá en Xunta de Goberno a apertura do procedemento de contratación desta actuación, que sairá cun orzamento base de licitación de 82.056,76€ e un prazo de execución de 8 semanas. Rubén Arroxo lembrou que desde a área de Mobilidade e Infraestruturas adicaron máis de 2.450.000€ na renovación do alumeado público da cidade, onde se substituíron en moitas zonas luminarias con elementos contaminantes como o vapor de mercurio ou sodio por luminarias LED de baixo consumo e mellor eficiencia enerxética.

 

O Goberno de Lugo renovará o alumeado das rúas Montirón e Mapoula, no treito comprendido entre a rúa San Roque e a Ronda das Mercedes