PARA O BNG “NON É NORMAL QUE NUN CONCELLO DE 5000 HABITANTES, COMO É CASTRO, SE APROBEN 98000 EUROS EN DEDICACIÓNS EXCLUSIVAS ”

“O goberno municipal de Castro de Rei cústanos 20000 euros máis cada ano” afirmou Digna Lagarón

“Outro mandato máis, o alcalde compatibiliza a dedicación exclusiva co exercicio da avogacía”, indicou Lagarón

“O goberno municipal de Castro de Rei cústanos 20000 euros máis cada ano” afirmou Digna Lagarón


 

Castro de Rei, 17 de xullo de 2019. A voceira do BNG no concello de Castro de Rei, Digna Lagarón, denunciou a prácticas “recadatorias” dos membros do goberno municipal á hora de impoñer nos plenos os seus propios salarios.  No Pleno de Organización do concello, o actual alcalde subiu o seu propio salario en máis de 3000 euros anuais, ademáis de outras dúas dedicacións parciais para un concelleiro e para o persoal eventual, e outra dedicación exclusiva para o Tenente de Alcalde.

A voceira do BNG afirmou “non conforme con este gasto, o alcalde solicitou que o Pleno declarase compatíbel a súa dedicación exclusiva ao concello con poder dedicarse ao seu negocio privado”.

O BNG de Castro votou en contra da proposta da Alcaldía. “Dúas dedicacións exclusivas e unha parcial xa eran excesivas para o goberno dun concello de 5000 habitantes”, indicou Lagarón, e engadiu “xa no anterior mandato, o aumento de dedicacións exclusivas e de salarios non repercutiu nunha mellora da xestión municipal”.

“O goberno municipal de Castro de Rei cústanos 20000 euros máis cada ano” afirmou Digna Lagarón