O BNG LEMBROULLE AO GOBERNO MUNICIPAL ESTE COMPROMISO INCUMPRIDO NESTA SEMANA INTERNACIONAL DA MOBILIDADE

“O goberno municipal non fixo nada para retirar os semáforos da ronda da Muralla” dixo Rubén Arroxo

IMG_1779

Arroxo afirmou que “reducir a 30 a velocidade na ronda era un primeiro paso para despois retirar os semáforos dando prioridade ás persoas e finalmente peonalizar a ronda”

“O goberno municipal non fixo nada para retirar os semáforos da ronda da Muralla” dixo Rubén Arroxo

Lugo, 19 de setembro de 2017. O voceiro do BNG no concello de Lugo, Rubén Arroxo, reclamou do goberno municipal que se proceda á retirada dos semáforos da ronda da Muralla. Arroxo afirmou que “reducir a 30 a velocidade na ronda era un primeiro paso para despois retirar os semáforos dando prioridade ás persoas e finalmente peonalizar a ronda”. O BNG lembroulle ao goberno municipal este compromiso incumprido nesta semana internacional da mobilidade.

Arroxo dixo que “agora hai que estudiar en que cruces se poden eliminar os semáforos que reteñen o tráfico” dixo que “coa velocidade reducida a 30 km/h hai que implantar medidas de calmado do tráfico na zona de cruces como, por exemplo, o de Nícomedes Pastor Díaz ou o Camiño Real” e explicou que “utilizando, nas inmediacións dos cruces, pasos de peóns elevados na Ronda xa sería posible regular a incorporación de vehículos á ronda con sinais de STOP”. O voceiro nacionalista lembrou que “xa exiten cruces que funcionan perfectamente con este sistema como é o caso de Poeta Noriega Varela”.

Rubén Arroxo pediu que se aproveite a redución de velocidade a 30 km/h para eliminar os semáforos e buscar “outro modelo de circulación arredor da muralla mentres non se peonalice completamente”. O BNG-AA xa pediu en marzo deste ano a eliminación de semáforos na ronda da muralla para darlle máis fluidez ao tráfico despois da implantación do límite de velocidade a 30 km/hora.

Rubén Arroxo sinalou que “non se trataba unicamente de reducir a velocidade na ronda se non de buscar un novo modelo para dar fluidez ao tráfico a través do seu calmado”. A proposta do BNG-AA vai encamiñada a conseguir que se poida dar unha volta á ronda da muralla a unha velocidade moderada pero, case sen facer paradas.

Tamén se podería estudar a creación dalgunha rotonda disuasoria para clamar o tráfico e garantir a fluidez como as que funcionan na av. de Madrid. Rubén Arroxo tamén se referiu a que “na rúa Anxel López Pérez, que forma parte do circuito da ronda da Muralla, xa existe un paso de peóns, non regulado por semáforos, que calma o tráfico garantindo a fluidez”.

“O goberno municipal non fixo nada para retirar os semáforos da ronda da Muralla” dixo Rubén Arroxo