O BNG-AA TRASLADOU Á COMISIÓN DE CONTAS UNHA SERIE DE PREGUNTAS SOBRE O PROCESO DE MUNICIPALIZACIÓN DOS SERIZOS DE GUINDASTRE, LIMPEZA E RECOLLIDA DO LIXO QUE FORAN APROBADOS EN PLENO
“O goberno podería incorrer en prevaricación despois de que o venres remate a concesión de URBASER” advertiu Arroxo
Arroxo sinalou que “o feito de ignorar os reiterados reparos de legalidade polo pago de facturas a empresas que carecen de contrato podería supoñer a incursión nun delito de prevaricación”
Neste mandato o pleno municipal acordou a municipalización de 4 servizos, entre os que se atopan o de retirada de vehículos (o guindastre) no pasado mes de setembro do 2015, e os servizos de limpeza, recollida de lixo e transporte no pleno de xuño do 2016. “Estes dous servizos, que o concello ten obriga de prestar, atópanse en situacións diferentes, pero en ambas son preocupantes” sinalou Arroxo que advertiu “o feito de ignorar os reiterados reparos de legalidade polo pago de facturas a empresas que carecen de contrato podería supoñer a incursión nun delito de prevaricación”.
Por unha banda, no caso de guindastre, malia levar un ano acordado no pleno, non se deu ningún paso, e está a funcionar cun contrato caducado dende o 1 de decembro do 2015. Mentres que no de limpeza, recollida de lixo e transporte, que foi aprobado no pasado mes de xuño, caduca o contrato o 31 de marzo deste 2017. Arroxo dixo que “a única resposta do goberno foi decir que o estaban estudando, pero no caso da limpeza e recollida do lixo o contrato remata este venres”.