PARA O BNG – AA “CHOVE SOBRE MOLLADO NO DEPARTAMENTO DE CULTURA DESTE CONCELLO QUE ESTÁ TOTALMENTE DESATENDIDO” E “OS SOBRECUSTES DESTES CONCERTOS “NON SON NORMAIS” POR ISO QUEREMOS QUE SE ACLARE NA COMPARECENCIA”

“Agardamos que Basadre fale por primeira vez da contratación dos concertos a través dunha persoa vencellada ao PSOE de Ferrol“

A edil do BNG-AA asegurou “foi todo unha chanchullada que lle costou máis de 60.000 euros ao concello de Lugo cun resultado nefasto na asistencia de público aos concertos”

“Agardamos que Basadre fale por primeira vez da contratación dos concertos a través dunha persoa vencellada ao PSOE de Ferrol“
Lugo, 29 de marzo 2017. A edil do BNG – AA, Maite Ferreiro lembrou que “no pleno de mañá producirase a comparecencia da edil de cultura e agardamos que aclare as circunstancias da contratación de 4 concertos cun sobre custe de máis de 23.000 euros sobre o prezo de mercado”. “Queremos que se informe de cómo se tramitou, cando e por que a contratación de catro concertos por un importe total de 61.105 €” dixo Maite Ferreiro afirmou que “o que incrementa as nosas sospeitas é que todos, menos un dos concertos, foron contratados con empresas intermediarias de Ferrol e vencelladas a unha persoa que foi responsable de comunicación do PSOE nas pasadas eleccións municipais”.

Maite Ferreiro lembrou que non é a primeira vez ten que comparecer a edil de cultura no pleno do concello “e quizais esta vez é cando menos complicación terá para dar conta do que se lle pregunta por que en ocasións anteriores compareceu por temas bastante máis escuros”. Ferreiro sinalou que “será a primeira vez que a edil de cultura salga a dar explicacións por este asunto que ocupou as páxinas da prensa durante dúas semanas e que incluso a alcaldesa tivo que sair a tratar de defendela mentres ela gardaba silencio”. A edil do BNG-AA asegurou “foi todo unha chanchullada que lle costou máis de 60.000 euros ao concello de Lugo cun resultado nefasto na asistencia de público aos concertos”. Ferreiro asegurou que “a todas as dúbidas que xurdiron sobre o custo e método de contratación hai que sumar a falta de asistencia de público aos concertos pola falta de publicidade e o elevado prezo das entradas”.

A edil do BNG – AA lembrou como no caso de Ariel Rot o prezo de mercado e segundo ofertas da súa oficina de management, a madrileña Morgan Britos, 9.000 euros pero o prezo pagado en Lugo 15.125 € con Sesnarmiga de Ferrol como axente intermediario. No caso de Coque Malla, o prezo de mercado segundo ofertas da súa oficina de management, a madrileña Morgan Britos, é de 10.000 euros e o prezo pagado en Lugo foi de 19.360 € a través da empresa editorial EMBORA de Ferrol como axente intermediario, coa que está relacionado o que fora responsable de comunicación da campaña do PSOE nas pasadas eleccións municipais. Milladoiro: prezo de mercado prezo recoñeciso por eles e pagado por moitos concellos galegos e españois, 8.000 euros – Prezo pagado en Lugo 18.150 € con Sesnarmiga de Ferrol como axente intermediario. Marlango: prezo de mercado segundo ofertas da súa oficina de management, a madrileña Morgan Britos, 6.000 euros – Prezo pagado en Lugo 8.470 € con Iguana Management como axente intermediario. Curiosamente, este é o prezo que máis se aproxima ao prezo real de mercado e o concerto non foi contratado a través das empresas de Ferrol relacionadas co PSOE.

“Agardamos que Basadre fale por primeira vez da contratación dos concertos a través dunha persoa vencellada ao PSOE de Ferrol“