MAITE FERREIRO SINALOU “A PRESENZA DOS GRUPOS POLÍTICOS NESTE ÓRGANOS INCREMENTARÁ A TRANSPARENCIA DA XESTIÓN MUNICIPAL E CONTRIBUIRÁ A MELLORALA”

Os grupos políticos seguen fora das mesas de contratación e das xuntas de compras

IMG_1067

Ferreiro lembrou que a presenza dos grupos nas mesas de contratación e nas xuntas de compras foi aprobada no pleno do mes de setembro e segue sen executarse o acordo

Os grupos políticos seguen fora das mesas de contratación e das xuntas de compras

Lugo, 3 de decembro de 2017. A edil do BNG-AA en Lugo, Maite Ferreiro, lembrou que os grupos políticos da corporación municipal seguen fora das mesas de contratación e das xuntas de compras. Ferreiro lembrou que a presenza dos grupos nas mesas de contratación e nas xuntas de compras foi aprobada no pleno do mes de setembro grazas a unha iniciativa do BNG-AA. “Ao igual que sucede con outras moitas iniciativas aprobadas no Pleno, este acordo segue sen executarse” sinalou Ferreiro.

En setembro o BNG-AA levou unha proposición ao pleno do concello para pedir que os grupos políticos volvan ter presenza nas mesas de contratación en as xuntas de compras. Maite Ferreiro lembrou que a presenza dos grupos nas mesas de contratación e nas xuntas de compras “é garante de transparencia dos órganos nos que se gastan os cartos públicos” e explicou “evidentemente que podemos asistir como cidadáns, tamén poderiamos facelo aos plenos, pero a alcaldesa esquece que foron as e os lucenses quen nos elixiron para que os representemos, como forzas políticas, nesta institución”.

A edil do BNG-AA sinalou “todo o mandato se está falando de transparencia neste concello e cando, de verdade, se fai unha proposta sería non se cumpre”. Durante o principio do mandato aprobáronse varias iniciativas, de diferentes grupos políticos, nas que se propoñía mellorar e establecer mecanismos para incrementar a transparencia da xestión pública municipal. As mesas de contratación e as xuntas de compras son dous dos órganos nos que se efectiviza gasto de diñeiro público e “por iso, ao mellor, á alcaldesa lle preocupa a nosa proposta” afirmou Ferreiro.

“O sorprendente é o interese do PSOE en non querer aos representantes electos nas Mesas de Contratación” dixo Maite Ferreiro. “Que os grupos políticos teñamos presenza nas mesas de contratación e nas xuntas de goberno non quere dicir que tomemos decisións, que para iso está o goberno, pero teremos toda a información de como, ese mesmo goberno, adxudica os cartos públicos” explicou a edil do BNG-AA.

O BNG sempre defendeu a presenza de todos os grupos políticos da corporación na Xunta de Compras e a Mesa de Contratación co fin de afondar precisamente na transparencia municipal, e que as forzas políticas que representan, dentro do concello ao pobo de Lugo, poidan ser observadores directos das inversións que a institución fai co diñeiro público. “Cando daba inicio o actual mandato, unhas das primeiras medidas tomadas foi precisamente a da suspensión destes dous órganos municipais, dando un paso atrás de moitos anos na transparencia do Concello de Lugo” afirmou Maite Ferreiro.

Os grupos políticos seguen fora das mesas de contratación e das xuntas de compras