Iago Eireos presenta o proxecto Culturban, posto en marcha pola área de Cultura, ás estudantes do IES Ánxel Fole
Lugo, 18 de marzo de 2022. O artista local Iago Eireos, coordinador do proxecto Culturban posto en marcha pola área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua do Concello de Lugo, presentou o proxecto ás e aos estudantes de 3º, 4º da ESO e 1º de BAC do IES Ánxel Fole, que realizaron un catálogo das mostras de arte urbana que se poden atopar polas rúas de Lugo.
A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, destacou o traballo das e dos estudantes deste centro, e afirmou que "é unha recopilación que achega información de calidade sobre todas as mostras de arte urbano que podemos atopar polas rúas".
Ferreiro destacou o papel do Culturban como dinamizador do arte urbano, e explicou que "co Culturban damos desde a área de Cultura un novo espazo ás propostas de arte emerxentes, achegando unha canle de difusión ás novas propostas artísticas e achegando novas ofertas de lecer á veciñanza".