MILITANTES E SIMPATIZANTES DO BNG XUNTÁRONSE PARA RETIRAR A GRAN CANTIDADE DE LIXO QUE SE ACUMULABA E DIFERENTES ZONAS DO PARQUE
Limpeza simbólica no parque Marcos Cela promovida polo BNG “ante a pasividade do goberno local”
“Non é a primeira nin será a última vez que o BNG fai unha acción de este tipo, o ano pasado desbrozamos no paseo do Miño e seguiremos nesta liña” dixo Rubén Arroxo
Lugo, 1 de xuño de 2018. Militantes e simpatizantes do BNG protagonizaron unha limpeza simbólica no parque Marcos Cela onde recolleron “moitos kilos de lixo sobre todo pláticos, botellas e latas” segundo explicou Rubén Arroxo. A limpeza simbólica no parque Marcos Cela promovida polo BNG fíxose “ante a pasividade do goberno local”, Arroxo lembrou que “en diversas ocasións advertimos sobre o estado de abandono desta zona verde da cidade e por iso decidimos facer este acto simbólico”.
“Non é a primeira nin será a última vez que o BNG fai unha acción de este tipo, o ano pasado desbrozamos no paseo do Miño e seguiremos nesta liña” dixo Rubén Arroxo. Dende o BNG reclamouse que se tomen medidas para retirar a suciedade existente. Entre as deficiencias existentes no parque de Marco Cela, Rubén Arroxo sinalou o estado de deterioro de parte de mobiliario urbán e lembrou que o BNG xa pediu fai máis dun ano a limpeza das pintadas en lugares como a fonte do Pilar. Esta fonte data de finais dos anos 1.800 e atópase totalmente chea de pintadas e o seu entorno cheo de suciedade e vidros.
O voceiro do BNG-AA apostou pola mellora do entorno do parque Marcos Cela. Rubén Arroxo sinalou que, nesta época, son moitas as persoas que utilizan o parque Marcos Cela como vía de acceso á zona do río e o goberno municipal continúa sen dar unha solución á unión do parque coa Volta da Viña. Ademais, dende o BNG-AA, denunciaron a falta de mantemento do mirador situado nesta zona da rúa Santiago e a falta de preocupación do goberno socialista por dar unha solución a esta zona de Lugo.