A PONTE SITUADA ENTRE AS PARROQUIAS DE FONTEITA E TÓRDEA ESTÁ PRÓXIMA Á VÍA ROMANA XIX QUE TAMÉN SUFRIU IMPORTANTES DANOS DEBIDO ÁS TORRENCIAIS CHUVIAS

O BNG reclama a limpeza da ponte entre O Corgo e Castroverde e advirte do perigo de danos estruturais

IMG_5106

A Parlamentaria do BNG, Olalla Rodil, visitou a ponte cos voceiros do BNG no O Corgo e Castroverde e un grupo de militantes

O BNG reclama a limpeza da ponte entre O Corgo e Castroverde e advirte do perigo de danos estruturais

O Corgo, 1 de xuño de 2018. A parlamentaria do BNG, Olalla Rodil, visitou a ponte situada entre as parroquias de Fonteita, no Corgo, e Tordea, en Castroverde, para demandar a limpeza do cauce do río. Rodil visitou a ponte cos voceiros do BNG no O Corgo e Castroverde e un grupo de militantes e lembrou que esta ponte xa sufrira danos noutras ocasións e tivo que ser reconstruída. Neste momento troncos de árbores e restos vexetais acumúlanse nos arcos da ponte e dificultan o paso da auga. “É sabido que a se pode crear un efecto de prensa e a presión da auga podería seriamente a estrutura da ponte” dixo Mario Outeiro, voceiro do BNG no Corgo.

A ponte situada entre as parroquias de Fonteita e Tordea está próxima á vía romana XIX que tamén sufriu importantes danos debido ás torrenciais chuvias. Ademais de servir de comunicación entre as dúas parroquias e facilitar o acceso ás fincas do entorno, esta ponte serve como lugar de paso para numerosas persoas que practican o sendeirismo na zona. O BNG de Castroverde demandou recentemente o acondicionamento da Vía Romana que transita pola parroquia de Tórdea.

As chuvias torrenciais dos últimos días desfixeron completamente o tramo da Vía Romana que unía Braga e Astorga ao seu paso por Castroverde e tamén os camiños da zona. O arrastre dos materias areosos deixou intransitables os camiños e provocou a acumulación de materiais no cauce do río Tórdea.

O BNG reclama a limpeza da ponte entre O Corgo e Castroverde e advirte do perigo de danos estruturais