“VANSE RECOLLER OS DATOS NECESARIOS PARA SABER CAL É A MELLOR OPCIÓN DE CARA A AVANZAR NA PEONALIZACIÓN DA RONDA” EXPLICOU RUBÉN ARROXO

O luns iniciaranse as medicións de fluxo de tráfico na intersección da ronda da Muralla coa av. da Coruña

Existen diversas posibilidades técnicas e serán fundamentais os datos recollidos sobre o comportamento da tráfico nesta intersección

O luns iniciaranse as medicións de fluxo de tráfico na intersección da ronda da Muralla coa av. da Coruña

Lugo, 21 de setembro de 2019. A Área de Infraestruturas e Mobilidade, dirixida por Rubén Arroxo, comenzará as medicións sobre os fluxos de tráfico no enlace da Ronda da Muralla coa Av. da Coruña. O tenente-alcalde explicou que “a Comisión de Tráfico celebrada o pasado 11 de setembro, acordou iniciar este luns, 23 de setembro, a colocación de detectores a efectos de realizar un estudo de tráfico sobre o seu comportamento e formular alternativas sobre su futura configuración da circulación na zona”. Arroxo afirmou “seguimos avanzando cara unha cidade para as persoas e para liberar de tráfico a motor o entorno da Muralla” lembrado que “é o noso monumento máis significado e Patrimonio da Humanidade”.

Rubén Arroxo, como responsable da Área de Mobilidade, avanzou que “unha vez teñamos datos obxectivos, farase unha análise técnica de cal é a mellor opción para este punto da ronda” e engadiu “o noso obxectivo político é claro pero imos facer as cousas ben, tendo en conta as solucións técnicas que emanen dos datos obtidos”.

Os detectores para as medicións colocaranse dende as 10:00 horas, e durante 4 horas, da mañá do luns 23 de setembro. Permanecerán instalados durante unha semana retirándose o luns 30 de setembro. Así obteranse datos sobre os hábitos de circulación non período semanal. Os sistemas de medición conlocaranse en 6  puntos distribuídos entre a ronda da Muralla, a Av. da Coruña e a Porta de San Fernando.

 

Día Europeo sen Coches

Rubén Arroxo fixo este anuncio no día Europeo sen coches que se celebra cun acto lúdico festivo no tramo da Mosqueira que permaneceu pechado durante a mañá de hoxe domingo. Ademais durante a xornada do domingo o bus tamén será gratuíto para todas as persoas que desexen utilizalo.

 

O luns iniciaranse as medicións de fluxo de tráfico na intersección da ronda da Muralla coa av. da Coruña