MAITE FERREIRO DESTACOU A FIGURA "MODERNA, PODEROSA E VALENTE" DE ROSALÍA, QUE A CONVERTEN "NUNHA DAS MELLORES FIGURAS QUE NOS DEFINEN COMO POBO"
Maite Ferreiro anuncia actividades para lembrar a Rosalía no 189 aniversario do seu nacemento
Maite Ferreiro destacou a figura "moderna, poderosa e valente" de Rosalía, que a converten "nunha das mellores figuras que nos definen como pobo"
Lugo, 20 de febreiro de 2026. A área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua e a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega organizan para o vindeiro luns un acto con motivo do Día de Rosalía, celebrando o 189 aniversario do nacemento da poeta. A concelleira de Cultura, Maite Ferreiro, destacou a figura "moderna, poderosa e valente" de Rosalía, e afirmou que isto converte á poeta "nunha das mellores figuras que nos definen como pobo".
"Rosalía foi pioneira na defensa da nosa lingua, pioneira na defensa dos dereitos e pioneira na defensa dos dereitos das mulleres e por iso é preciso lembrar a esa Rosalía feminista, inconformista, e rebelde que rompeu moldes e que hoxe sigue sendo un referente", afirmou a concelleira de Cultura.
O contará cunha lectura pública de poemas de Rosalía e coa lectura do manifesto da AELG polo Día de Rosalía, onde participarán estudantes de centros de ensino da cidade.
Día de Rosalía
O Día de Rosalía celébrase o 23 de febreiro, despois de que no 2023 a Fundación Rosalía de Castro propuxera mudar a data debido ao recente descubrimento da investigadora Sagrario Abelleira, que correxiu a data de nacemento da poeta.
O Día de Rosalía converteuse nos últimos anos nunha das datas máis importantes do calendario cultural galego. Comezou sendo unha data celebrada e reivindicada pola AELG para logo conseguir unha presenza destacada no mundo escolar. Posteriormente chegaría a súa extensión a outros sectores máis amplos da sociedade e, ao mesmo tempo, a confirmación institucional.