MAITE FERREIRO NON QUIXO ESQUECER O SERVIZO DE VISITAS GUIADAS QUE XA SE OFRECE: "O PIAR FUNDAMENTAL DENTRO DAS ACTIVIDADES DE DIVULGACIÓN DO CENTRO"
Maite Ferreiro anuncia a incorporación de audioguías nas instalacións do Vello Cárcere
O servizo de audioguías está dispoñible en catro linguas: o galego, o castelán, o inglés e o italiano
Ademais dos dispositivos, a información estará tamén dispoñible e á disposición do público a través dun sistema de código QR escaneable cun móbil
Maite Ferreiro non quixo esquecer o servizo de visitas guiadas que xa se ofrece: "O piar fundamental dentro das actividades de divulgación do Centro"
Lugo, 17 de decembro de 2023. A concelleira de Cultura, Maite Ferreiro, acudiu ata as instalacións do Vello Cárcere onde se acaba de incorporar o servizo de audioguías e que está dispoñible en catro linguas distintas: galego, castelán, inglés e italiano.
A través dun percorrido numerado por distintas estancias, e axudados por un dispositivo, "as persoas que visiten O Vello Cárcere poderán coñecer os datos históricos máis relevantes deste emblemático edificio", explicou Maite Ferreiro. A información estará tamén dispoñible e á disposición do público a través dun sistema de código QR, para o que tan só é necesario un móbil intelixente. "Deste xeito, poderase escoller entre empregar un dispositivo de audioguía propiedade da sala, ou ben o teléfono persoal de cada un", indicou a concelleira de Cultura.
Maite Ferreiro non quixo esquecer o servizo de visitas guiadas e gratuítas que xa se ofrecen, "unhas visitas que son o piar fundamental dentro das actividades de divulgación do Centro e que converte todas as fins de semana ao Vello Cárcere nun espazo temporal de aprendizaxe grazas ás grandes profesionais coas que aquí contamos".