AIRA: "OS ANCARES SON UNHA GRAN POTENCIA QUE PRECISA DE ALTERNATIVAS PARA GARANTIR O DEREITO A PODER VIVIR E TRABALLAR"

Carme Aira visita a Feira do 12 en Becerreá

Estivo acompañada polos concelleiros do BNG en Becerreá, Martín García e Ovidio Montaña asi como por membros e simpatizantes da organización

Aira: "Os Ancares son unha gran potencia que precisa de alternativas para garantir o dereito a poder vivir e traballar"

Carme Aira visita a Feira do 12 en Becerreá

 

Becerreá, 16 de decembro de 2023.  A deputada do BNG no Parlamento galego, Carme Aira participou esta mañá xunto cos concelleiros do BNG en Becerreá, Martín Gómez e Ovidio Montaña, e militantes e simpatizantes da organización, nunha nova edición da Feira do 12 de Becerreá.

Esta feira da Montaña de Lugo, que foi recuperada grazas ao colectivo local Rente o Couce, amosa unha gran e variada mostra de produtos da contorna dos Ancares.Carme Aira enxalzou o papel destas mostras "feiras como esta do 12 son a chave para o fomentar o consumo de proximidade, para contribuír a un sistema máis sostíbel e á vez xerar máis dinamismo económico no propio territorio"

A deputada do BNG salientou "os Ancares é unha gran potencia que precisa de alternativas para garantir o dereito a poder vivir e traballar, a mostra é esta feira a que amosa a calidade e a variedade que se produce neste enclave"

Nesta liña, a deputada do BNG destacou "mais para iso é preciso proxectos transformadores nos concellos e no País para dinamizar e contribuír á mellora da calidade de vida das persoas que viven aquí".

Por outra banda, a deputada nacionalista tamén destacou as dificultades polas que está a pasar o sector agrogandeiro por mor da crise de prezos "están baixo o precipicio por mor da suba dos custos de produción e unha PAC na que non se defenden os dereitos, e ante este contexto, temos ao Goberno da Xunta como o do Estado paralizados". Estas feira serven para "dar valor ao traballo feito no rural pola xente do sector primario ao que tanto se maltrata" insistiu á nacionalista.

Carme Aira visita a Feira do 12 en Becerreá