A CONCELLEIRA AFIRMOU QUE "DADO O ÉXITO DE CADA EDICIÓN, CONTINUAREMOS CO PROXECTO PARA VISIBILIZAR TODAS AS PARROQUIAS DE LUGO"
Participación presenta o Calendario de 2024 nas parroquias protagonistas da súa galería de imaxes
A nova edición do calendario titúlase a terra entre as mans, e recolle imaxes e documentos históricos relacionados coas parroquias lucenses
Rubén Arroxo e Cristina López visitaron Ombreiro e Bosende, dúas das localidades nas que se recolleron parte dos fotogramas históricos
A concelleira afirmou que "dado o éxito de cada edición, continuaremos co proxecto para visibilizar todas as parroquias de Lugo"
Lugo, 16 de decembro de 2023. A área de Participación e Servizos para a Veciñanza vén de presentar o Calendario de 2024 con imaxes pertencentes aos fondos do Arquivo Municipal. Este ano, baixo o título a terra entre as mans, recóllense imaxes e documentos históricos relacionados coas parroquias de Lugo.
Rubén Arroxo e Cristina López desprazáronse ata as localidades Ombreiro e Bosende para agradecer a súa participación, e a de 13 parroquias máis, que se implicaron na elaboración deste calendario. A concelleira de Participación afirmou que "dado o éxito de cada edición, continuaremos co proxecto para visibilizar todas as parroquias de Lugo nos vindeiros anos".
López quixo facer especial fincapé "no papel dos nosos antepasados e da súa importante labor que continúa a chegar ata o presente, todo en parte grazas á información que poden proporcionar as imaxes antigas sobre a vida cotiá, as tradicións e a cultura doutras épocas".
Todas as persoas interesadas poden recoller o seu calendario retirarse nas oficinas da área de Participación.
O calendario a terra entre as mans continúa co proxecto iniciado pola área de Participación a finais do 2019. Cada ano, elaborouse un calendario amosando a riqueza das imaxes almacenadas no arquivo municipal, con diversas temáticas cada ano.