O CICLO TARDE E TARDIÑA 2024 COMEZARÁ CUNHA PEZA QUE FOI RECOÑECIDA COS PREMIOS FETÉN E LORCA A MELLOR ESPECTÁCULO DE RÚA NO 2018, E CO PREMIO PACA A MELLOR ESPECTÁCULO DE CIRCO PETIT
Maite Ferreiro anuncia a programación do verán cunha nova edición do ciclo Tarde e Tardiña, "a edición máis internacional desta programación cunha peza chegada desde Arxentina"
Maite Ferreiro: "Trátase dunha serie de espectáculos de música, teatro e narración oral que se poderán desfrutar nas tardes dos xoves"
O ciclo Tarde e Tardiña 2024 comezará cunha peza que foi recoñecida cos premios Fetén e Lorca a mellor espectáculo de rúa no 2018, e co premio Paca a mellor espectáculo de circo petit
Lugo, 27 de xuño de 2024. Maite Ferreiro, concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, anunciou a primeira programación cultural para as tardes do verán cunha nova edición do ciclo de espectáculos para público infantil e familiar Tarde e Tardiña. "Trátase dunha serie de espectáculos de música, teatro e narración oral que se poderán desfrutar nas prazas do centro de Lugo durante as tardes dos xoves", explicou Maite Ferreiro, que engadiu "cada día terá lugar un espectáculo para público familiar ás 18:00 horas na praza Anxo Fernández Gómez".
Tarde e Tardiña comezará o vindeiro xoves 04 de xullo, e será a edición máis internacional deste ciclo desde o seu inicio no ano 2019, traendo a Lugo un espectáculo desde Arxentina. Maite Ferreiro destacou que "con iniciativas como esta desde a área de Cultura consolidamos unha programación cultural estable durante todo o ano, dando opcións ás familias durante as tardes do verán".
Programación Tarde e Tardiña 2024
4 de xullo. Praza Anxo Fernández Gómez. 18h.
"Rojo estándar" de La Nordika.
PREMIO FETEN 2018 MELLOR ESPECTÁCULO DE RÚA
PREMIO LORCA 2018 MELLOR ESPECTÁCULO DERÚA
PREMIO PACA 2018 MELLOR ESPECTÁCULO DE CIRCO PETIT.
Sinopse: Sensible e tenro, descarado e alegre, Rojo estándar deixa pegada na retina, na memoria e no corazón. Esta unión entre o circo e a danza conseguiu o recoñecemento e goce de miles de
persoas de todas as idades, na súa extensa xira por festivais e programacións de tempada, en España e Europa.
Duración: 45 minutos
Idade recomendada: Todos os públicos.
11 de xullo. Praza Anxo Fernández Gómez. 18h.
"Shh..!" de A tope.
Esta compañía Arxentina trae un espectáculo que combina a actuación coas acrobacias máis asombrosas para divertir e sorprender á xente máis moza e á máis maior.
Duración: 55 min.
Idade recomendada: Todos os públicos
18 de xullo. Praza Anxo Fernández Gómez. 18h.
"Hoxe si" de Marta Sempre Arriba.
Sinopse:
Un espectáculo en linguaxe clown con acrobacia aérea, e sobretodo moito humor
Duración: 45 min
Idade recomendada: Todos os públicos
1 de agosto. Praza Anxo Fernández Gómez. 18h.
"O rompe récords" de Abraham Arzate.
Sinopse:
50 minutos de alta enerxía e comedia orixinal da man dun dos mellores clowns internacionais, o mexicano Abraham Arzate..
Duración: 50 min.
Idade recomendada: Todos os públicos.