MAITE FERREIRO: "ESTAMOS A TRABALLAR NUNHA NOVA EDICIÓN DO SAN FROILÁN, A VOLTA DA GRAN FESTA DO OUTONO GALEGO, QUE REPITA OS ÉXITOS DOS PASADOS ANOS"

Reúnese o xurado que escollerá o cartaz do San Froilán 2024


Maite Ferreiro: "Estamos a traballar nunha nova edición do San Froilán, a volta da gran festa do outono galego, que repita os éxitos dos pasados anos"

O xurado escollerá unha obra gañadora entre 40 propostas para o cartas das festas

Reúnese o xurado que escollerá o cartaz do San Froilán 2024



Lugo, 27 de xuño de 2023.  A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, recibiu esta mañá no concello a Bruno López Rodríguez (ELERRE), deseñador gráfico e membro da Asociación Galega de Profesionais da Ilustración, Elsa Vázquez Martínez, pintora e profesora no IES de Lalín e a Cándido Díaz Mosquera, profesor e representante da Escola Superior de Arte e Deseño Ramón Falcón, que conformaron o xurado que escolleu o cartaz da edición 2024 do San Froilán e do San Froilán Miúdo. Maite Ferreiro explicou que "desde o Goberno de Lugo traballamos nunha nova edición do San Froilán, a gran festa do outono galego, que repetirá os éxitos dos últimos anos".

O xurado escollerá entre 40 propostas presentadas para ser a imaxe do San Froilán 2024. A área de Cultura anunciará nos vindeiros días os premiados, que recibirán un premio de 2.000€ para o creador do cartaz do San Froilán, mentres que a persoa gañadora do concurso do San Froilán  Miúdo, recibirá material de pintura e debuxo valorado en 300€.

Maite Ferreiro afirmou que "anualmente coñecemos a gran calidade das deseñadoras e deseñadores co concurso de deseño do cartaz do San Froilán, un certame xa consolidado entre as deseñadoras e deseñadores", e engadiu "tamén vemos a gran calidade dos debuxos das rapazas e rapaces que anualmente se presentan a este certame".

 

Reúnese o xurado que escollerá o cartaz do San Froilán 2024