MAITE FERREIRO DEU CONTA DAS MEDIDAS EXCEPCIONAIS QUE SE TOMARÁN NO SAN FROILÁN E QUE PERMITIRÁN QUE TODAS AS PERSOAS GOCEN DAS FESTAS DE LUGO

Maite Ferreiro anuncia a volta da Banda de Música ao San Froilán


A Banda de Música estará no templete da praza Maior o día 9, ás 7 da tarde

Maite Ferreiro deu conta das medidas excepcionais que se tomarán no San Froilán e que permitirán que todas as persoas gocen das festas de Lugo

Ferreiro anunciou os servizos especiais de bus urbano para o San Froilán 2025

Maite Ferreiro anuncia a volta da Banda de Música ao San Froilán




Lugo, 01 de outubro de 2025. A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, anunciou que a Banda Municipal volverá tocar no San Froilán. A área de Cultura traballa "nun concerto especial para o San Froilán 2025 coa volta da Banda ao Templete da Música da praza Maior". Ferreiro explicou que este concerto terá lugar o xoves 9 de outubro a partir das 7 da tarde, e que será "unha actividade máis para a gran festa do outono galego".

O San Froilán máis social

Ferreiro explicou que a edición 2025 do San Froilán volverá contar con iniciativas para distintos colectivos, "para facilitar que todas e todos poidamos desfrutar das festas". Así, un ano máis contarase coa hora sen ruídos no Recinto Feiral, todos os días entre as 17 e as 18 horas, "para que as persoas con TEA poidan gozar da Gran Festa do outono galego en igualdade".

Ademáis, en colaboración coa asociación RAIOLAS, tamén haberá cascos antiruído, que se poderán retirar e devolver na caseta de turismo que hai na Praza Maior.

Todos os espazos onde se van celebrar as actuacións de San Froilán terán un espazo reservado para persoas con mobilidade reducida, e o recinto feiral contará cunha caseta de lactancia, ubicada a carón da caseta do comisariado do Recinto Feiral, con espazos habilitados para a lactancia e cambiadores de cueiros, que estará xestionada pola asociación Bico de Leite.

Ademais, Maite Ferreiro anunciou a colaboración do colectivo de taxistas na prevención e atención ou detección de posibles comportamentos anómalos ou situacións de risco nas rúas, atender ás vítima e, se é preciso, contactar cos servicios pertinentes, e anunciou que se habilitará un punto violeta os días 4, 5, 10, 11 e 12 de outubro entre as 21:00 h e as 02:00 h na praza de Fernando de Casas Novoa, ao fondo da Praza Maior.

Servizos especiais de Bus Urbano
Maite Ferreiro anunciou os horarios especiais das distintas liñas de bus urbano que se aplicarán durante o San Froilán. Arroxo explicou que "as principais liñas que comunican o centro coas distintas zonas da cidade ampliarán o horario de servizo ata as 3 da mañá para permitir a toda a veciñanza que queira asistir ás festas poder volver á casa de maneira segura".

Os aparcadoiros do Pazo provincial dos Deportes e o das Termas funcionarán durante o San Froilán como aparcadoiros disuasorios de gran capacidade, onde se poderá deixar o coche e achegarse en bus ata o centro da cidade.

As liñas 1.2, 1.4, 9, 10, 12 e 13 comunicarán o centro cos dous aparcamentos, e os días 4, 5, 11 e 12, días previos aos festivos e fins de semana, ampliarán o horario de servizo ata as 3 da mañá.

Liña 1.2 Campus USC- O Ceao – Hula

Continuará o seu percorrido ata as 03:07 rematando na parada de Sindicatos. Eliminarase a chegada ao HULA, e desde Avenida Benigno Rivera seguirá por Avenida  Infanta Elena e Paulo Fabio Máximo, continuando o seu percorrido habitual.

A parada da Praza de Bretaña quedará suprimida, instalarase unha alternativa en Celso Emilio Ferreiro, na esquina con Ramón Ferreiro

Liña 1.4 Campus USC- O Ceao – Hula

Desde as  22:42 (Obras Públicas) prolóngase ata as 03:12 (Obras Públicas). Varía o trazado, suprimindo a visita ao Ceao e dando a volta en Infanta Elena.

A parada da Praza de Bretaña quedará suprimida , instalarase unha alternativa en Celso Emilio Ferreiro, na esquina con Ramón Ferreiro

Liñas 9/12 Casco Histórico (Bolaño) – Abella e Casco Histórico (Bolaño) - Pol. Gándaras

Desde as 22:15 (Bolaño), circulará ata as 03:15 (Bolaño)

Liñas 10/13 Ronda Muralla (Sindicatos) - As Gándaras e Ramón Ferreiro - Cemiterio

A partir das 22:30 (As Gándaras), circulará ata as 03:00 (Cemiterio). Modifícase a parada de Ramón Ferreiro (Feminino), que se ubicará temporalmente en Ramón Ferreiro nº 14

 

Maite Ferreiro anuncia a volta da Banda de Música ao San Froilán