FERREIRO CONFIRMOU A RAYDEN E A RED HOUSE & LOU MARINI PARA O SAN FROILÁN 2023

Maite Ferreiro asistiu a un encontro de profesionais do teatro de Galiza, Asturias, Cantabria e Euskadi no Centro Cultural do Vello Cárcere

IMG_9288
IMG_9288

O encontro enmárcase no proxecto de intercambio cultural Camiño Escena Norte, que conta coa colaboración da área de Cultura do Concello de Lugo

Ferreiro confirmou a Rayden e a Red House & Lou Marini para o San Froilán 2023

Maite Ferreiro asistiu a un encontro de profesionais do teatro de Galiza, Asturias, Cantabria e Euskadi no Centro Cultural do Vello Cárcere

 

Lugo, 20 de setembro de 2023.-  A concelleira de Cultura, Maite Ferreiro, asistiu esta mañá ao encontro Habitación Peregrina PRO, que reúne profesionais de Galiza, Asturies, Cantabria e Euskadi no Centro Cultural do Vello Cárcere de Lugo durante esta semana. O proxecto é posíbel grazas á colaboración das áreas de Cultura do Concello de Lugo e da Deputación.

As xornadas enmárcanse no proxecto Camiño Escena Norte, que promove o intercambio cultural entre os territorios da ruta histórica do Camiño Norte a través do teatro e que conta coa colaboración, un ano máis, da área de Cultura do Concello de Lugo.

O encontro está a servir para que as profesionais do sector entren en contacto, coñezan as liñas de traballo e circuítos de programación nos distintos territorios e exploren vías de coprodución, ademais de reflexionar sobre a realidade do sector nas circunstancias actuais.

Maite Ferreiro sinalou que "é un pracer acoller un ano máis en Lugo este encontro de Camiño Escena Norte, un proxecto ao que contribuímos convencidas da necesidade do intercambio cultural como ferramenta para fomentar a innovación e a creatividade, neste caso entre os grupos de teatro".

 

San Froilán 2023

Maite Ferreiro confirmou o concerto de Red House & Lou Marini para abrir o San Froilán 2023 o vindeiro 4 de outubro na Praza de Santa María, e o peche das festas con Rayden o 12 de outubro a partir das 22:00 na praza Horta do Seminario, que chega a Lugo na súa xira de despedida.

Red House & Lou Marini, 4 de outubro ás 21:00 na praza de Santa María

Lou Marini & Red House Revival é o resultado dunha longa amizade entre Lou Marini y Francisco Simón. Nesta ocasión Red House Revival ten o honor de presentar a Lou Marini como invitado moi especial. "Blue Lou" Marini é compoñente orixinal de The Blues Brothers. Imposible resumir aquí o seu dilatadísimo currículum. Así mesmo, Francisco Simón é actualmente membro de The Original Blues Brothers Band.

Lou Marini & Red House Revival é sinónimo de forza e elegancia que só podemos desfrutar nas súas actuacións en directo pola súa incrible enerxía e bo gusto, convertindo cada concerto en algo único e inolvidable.

A formación está composta por Lou Marini, Francisco Simón (guitarra), Luis Regidor (voz e guitarra), David Salvador (baixo) e Pascu Monge (batería)

 

Rayden, 12 de outubro ás 22:00 na praza Horta do Seminario

É cantante, compositor, produtor e escritor. Foi campión mundial da Red Bull Batalla de Galos, e colaborou con xente como Tanxugueiras, Pablo López, Mäbu, Leiva, Rozalén, Sidecars, Iván Ferreiro, Andrés Suárez, Alfred García, Bely Basarte, e un longo etcétera, descubríndose como un dos artistas que máis pontes construí entre diferentes estilos no ámbito do estado.

A súa discografía en solitario componse de 8 discos sendo a súa traxectoria musical premiada en numerosas ocasións. Nominado a mellor artista do estado español nos MTV Europe Music Awards e a mellor artista nos Premios dos 40 Principai. Nos premios MIN recibiu o galardón a mellor artista e a mellor videoclip por "Matemática de la carne".

Rayden tamén cultivou a escrita, sendo autor de tres libros: "Herido Diario", "TeminAMOs y otros poemas sin terminar" e "El mundo es un gato jugando con Australia". Ten un marcado carácter solidario e realiza múltiples labores sociais, colaborando con organizacións como as Nacións Unidas ou sendo embaixador de Google para intentar erradicar o discurso de odio.

No 2022 Rayden realiza a xira "Quiero que nos volvamos a ver", sendo un dos 14 candidatos elixidos por RTVE para o Benidorm Fest 2022, polo seu tema "La Calle de la Llorería".A conceptualidade artística é algo moi vixente hoxe en día, pero pódese dicir que ninguén tratou o tema como o fixo Radien. En marzo desta ano 2023 deu a coñecer que deixaba a música, para adicarse á escrita, polo que a de Lugo será unha das últimas ocasións nas que poder disfrutar da súa forza e do empaque das súas letras.

Maite Ferreiro asistiu a un encontro de profesionais do teatro de Galiza, Asturias, Cantabria e Euskadi no Centro Cultural do Vello Cárcere