“OS CONCELLOS DO ESTADO RECIBEN UNHA MEDIA DE 260 €/HABITANTE E NO CASO DE CASTROVERDE A APORTACIÓN BAIXA A 192€/PERSOA” EXPLICOU MAITE FERREIRO
Maite Ferreiro “Castroverde recibe do estado 250.000 € menos do que lle correspondería segundo a media estatal”
A candidata ao Congreso, Maite Ferreiro, a vila de Castroverde e denunciou “a discriminación dos concellos galegos no reparto dos fondos estatais”
Castroverde, 12 de abril 2019. A candidata do BNG ao Congreso por Lugo, Maite Ferreiro, visitou o concello de Castroverde e denunciou a discriminación que sofren os concellos galegos no relativo ao reparto dos fondos estatais “o concello de Castroverde é un dos máis castigados da comarca de Lugo” e explicou que “os concellos do estado reciben unha media de 260 €/habitante e no caso de Castroverde a aportación baixa a 192€/persoa”. Durante a visita, a candidata do BNG estivo acompañada da candidata á alcaldía Iria Castro e de militantes e simpatizantes do BNG.
Tendo en conta o reparto de fondos do estado entre os municipios, e a media por habitante, o concello de Castroverde recibe uns 250.000 euros/ano menos do que lle correspondería. Maite Ferreiro incidiu na necesidade de que “Galiza conte cunha voz propia no Congreso e no Estado” e engadiu “non imos permitir que os concellos galegos sufran esta discriminación que, en Galiza nos fai perder máis de 135 millóns de euros a respecto da media que recibe o resto dos concellos do estado e para o conxunto dos concellos lucenses, a perda de ingresos, ronda os 25 millóns de euros”.
Maite Ferreiro sinalou “a doble discriminación que esto supón para as galegas e os galegos debido á diseminación e envellecemento da poboación”. “É fácil entender que non ten o mesmo custo prestar servizos en concellos coa poboación concentrada en un ou dous núcleos que presentar servizos na maior parte do territorio galego onde a poboación está diseminada no rural e a media de idade é moito maior que noutras zonas do estado”. Maite Ferreiro pediu o voto para o BNG “por que somos a única forza que iremos a Madrid coas mans libres, sen ataduras a partidos estatais, para defender os intereses das galegas e dos galegos”.