ADEMAIS DA CANDIDATA AO CONGRESO, PARTICIPARON NO ACTO A PARLAMENTARIA OLALLA RODIL E O CANDIDATO Á ALCALDÍA DE MONFORTE, EMILIO J. SÁNCHEZ
“Poñer en marcha o Porto Seco de Monforte depende do estado e o BNG pode ter capacidade para condicionala ” dixo Maite Ferreiro
A candidata ao Congreso, Maite Ferreiro, participou no acto do BNG en Monforte e dixo que “o voto útil é o do BNG por que podemos ser decisivas na conformación dun goberno no estado”
Monforte, 9 de abril 2019. A candidata do BNG ao Congreso por Lugo, Maite Ferreiro, participou no acto central de campaña en Monforte. Ademais da candidata ao Congreso, participaron no acto a Parlamentaria Olalla Rodil e o candidato á alcaldía de Monforte, Emilio J. Sánchez. Maite Ferreiro destacou na súa intervención a necesidade de que Galiza “conte cunha voz propia en Madrid” que, segundo explicou “podería ser deicisiva dado o equilibrio de forzas que pode sair resultante da eleccións xerais do 28 de abril”. Ferreiro exemplificou a necesidade de ter representación no Congreso “por que alí é onde se toman decisións que nos afectan a todas e a todos os que vivimos aquí como é o caso do Porto Seco de Monforte”.
A candidata do BNG sinalou que “a posta en marcha do Porto Seco de Monforte e a reactivación dunha rede ferroviaría de cercanías, depende dunha decisión política que se toma en Madrid” e engadiu “se o BNG está, Monforte e Galiza estarán representados”. A candidata do BNG lamentou que “nos últimos anos as forzas que decían representarnos véderonse ao partidos estatais e proba disto é que os últimos orzamentos do estado foron os peores para Galiza en moito tempo e foron apoiados por unha forza que dicía representar os intereses de Galiza”.
Ferreiro fixo Tamén referencia á necesidade de contar cunha tarifa eléctrica galega “para que as empresas teñan interese en asentarse no noso país e se creen postos de traballo, tamén é fundamental para que as empresas existentes non marchen”. Maite Ferreiro sinalou “non é normal que sexamos un dos territorios onde se produce unha grande parte da enerxía que se consume no estado e teñamos unha das facturas eléctricas máis altas de Europa”. A candidata do BNG pediu o apoio para o BNG “por que o noso único compromiso é coas galegas e galegos e ademais de ser a única forza que garante representar a este país apostamos por reverter leis que non se tocaron nestas lexislaturas como a Lei Mordaza, ou as reformas laborais que son tan lesivas para as traballadoras e traballoadores”. Ademais, Ferreiro anunciou que a primeira meida que impulsará no Congreso será a creación dun Xulgado Específico de Violencia de Xénero.