MAITE FERREIRO: "SEGUIMOS A ACHEGAR ACTIVIDADES AOS CENTROS DE ENSINO E ORGANIZAMOS UN ANO MÁIS O TORNEO NO SOTO DA PRAZA DE ABASTOS"
Maite Ferreiro e Cristina Lopez entregan os premios do Torneo de Nadal de Xadrez
A Tenencia de Alcaldía colabora coa Escola Luguesa de Xadrez na promoción do xadrez entre a mocidade
Maite Ferreiro: "Seguimos a achegar actividades aos centros de ensino e organizamos un ano máis o torneo no soto da Praza de Abastos"
Maite Ferreiro: "Seguimos a achegar actividades aos centros de ensino e organizamos un ano máis o torneo no soto da Praza de Abastos"
15 dec. 2025 - 08:56
Lugo, 14 de decembro de 2025. A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, e a concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López, fixeron entrega dos galardóns do Campionato de Xadrez de Nadal celebrado hoxe no soto da Praza de Abastos.
O aberto ao público contou con XX PARTICIPANTES, que participaron nunha competición baixo o con partidas que tiveron un ritmo de 10 minutos máis un incremento de 3 segundos por xogada.
A concelleira Maite Ferreiro afirmou que o Goberno de Lugo mantén o compromiso por "achegar actividades aos centros educativos, organizando un ano máis estes torneos que terán lugar nun espazo emblemático como é o soto da Praza de Abastos". Segundo a concelleira de Cultura, "con estas iniciativas buscamos fomentar a práctica do xadrez e os seus beneficios en capacidades moi importantes como a concentración, a toma de decisións e a creatividade".