Maite Ferreiro destaca, no Día Mundial do Teatro, “a gran calidade da programación teatral de Lugo”

As 37 actividades culturais que conforman o primeiro semestre de teatro de 2023 acumulan 10 premios, entre os que se atopan dous premios MAX e 5 premios Fetén

A selección de actividades elaborada pola área de Cultura inclúe “o mellor do teatro galego xunto cunha coidada seleccións de propostas permiadas en importantes festivais”

Maite Ferreiro destaca, no Día Mundial do Teatro, “a gran calidade da programación teatral de Lugo”

Lugo, 27 de marzo de 2023. A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, destacou no Día Mundial do Teatro que a programación teatral do Auditorio Municipal “inclúe só no primeiro semestre do ano máis de 40 actividades con diversos recoñecementos a nivel galego e estatal”.

O Auditorio Municipal acollerá nestes meses a espectáculos gañadores dos principais premios de artes escénicas do estado, con dous premios MAX, outorgados pola SGAE aos mellores espectáculos de artes escénicas, e 5 premios Fetén, outorgados durante a Feira Europea das Artes Escénicas para Nenas e Nenos que se entregan cada ano en Xixón. Ademais, a programación conta con espectáculos recoñecidos con diversos premios, como o Luísa Villalta da Deputación da Coruña, o premio BBVA de Teatro, ou o premio Territorio Violeta, ata completar os 10 galardóns que recibiron os distintos espectáculos que conforman o semestre.

"Quixemos poñer o foco nas producións de artes escénicas de mellor calidade feitas na Galiza, que serán o fío condutor da programación ", explicou Maite Ferreiro, que engadiu "esta programación está pensada para o deleite das amantes do teatro e para facilitar un achegamento a esta arte por primeira vez, traendo a Lugo o mellor do teatro galego xunto cunha coidada selección de propostas premiadas en importantes festivais".

Día Mundial do Teatro

O día mundial do teatro celébrase cada ano no 27 de marzo desde o ano 1961, cando foi creado polo Instituto Internacional do Teatro. O principal obxectivo desta data é dar a coñecer o que representa o teatro para a cultura.

No ano 2023, a Asociación de Actores e Actrices de Galicia publica o seu manifesto polo Día Mundial do Teatro, que neste ano foi realizado pola actriz Clara Gayo, que reivindica as artes escénicas como arte que inclúe a diferenza, evidencia a inxustiza e acariña a nosa humanidade

 

Maite Ferreiro destaca, no Día Mundial do Teatro, “a gran calidade da programación teatral de Lugo”