A EDIL DE CULTURA VISITOU O AUDITORIO GUSTAVO FREIRE, QUE ACOLLE 4 REPRESENTACIÓNS NESTA SEMANA

Maite Ferreiro destaca o Festival de Teatro Grecolatino como unha iniciativa "única en toda Galiza"


A edil de Cultura visitou o Auditorio Gustavo Freire, que acolle 4 representacións nesta semana

O auditorio acolle cada ano a centos de estudantes de instituto chegados de distintas zonas de Galiza

Maite Ferreiro destaca o Festival de Teatro Grecolatino como unha iniciativa "única en toda Galiza"



Lugo, 26 de febreiro de 2025. A concelleira de Cultura, Maite Ferreiro, visitou o Auditorio Municipal Gustavo Freire onde a Concellería de Educación e Difusión do Coñecemento e a Sociedade Española de Estudos Clásicos están a organizar unha nova edición do festival xuvenil de teatro grecolatino. Maite Ferreiro destacou a importancia desta programación "única en Galiza e no Estado" que permite "achegar ao estudantado, dunha maneira vívida, textos dramáticos, tráxicos ou cómicos".

O Auditorio Gustavo Freire acolle esta semana 4 representacións teatrais de Sófocles e Plauto, dirixidas a estudantes de instituto de toda Galiza. O Festival é un evento creado en 2001 pola Sección Galega da Sociedade Española de Estudos Clásicos co propósito inicial de achegar as grandes obras do teatro grego e romano clásico aos estudantes do Ensino Secundario. A convocatoria está aberta a miles de estudantes de Galiza e doutras zonas do estado acoden cada ano a este festival. Este ano, contouse coa presencia de estudantes de 25 institutos galegos.

Trátase dunha actividade única no estado, que facilita que o estudantado de ensino medio teñan a oportunidade de achegarse ao teatro e gozar das obras clásicas que levan producindo sensacións no público desde hai 2.500 anos.

Cada un dos rapaces que asistan, recibirán un libro que servirá como instrumento de traballos e reflexión despois das representacións. As representacións celébranse en horario lectivo, e convídase a acudir ao estudantado de secundaria e bacharelato de toda Galiza. Cada ano cóntase coa participación de grupos de Grego e Latín de distintos centros.

Maite Ferreiro destaca o Festival de Teatro Grecolatino como unha iniciativa "única en toda Galiza"