ALEXANDRE PENAS CRITICOU A PROPOSTA DA XUNTA, "QUE AFECTARÁ AO PEQUENO COMERCIO DA CIDADE"

Alexandre Penas: "Os conselleiros do PP deberían vir a Lugo a facer propostas serias, non a anunciar a conexión de Lugo cun centro comercial da Coruña"


Alexandre Penas criticou a proposta da Xunta, "que afectará ao pequeno comercio da cidade"

Penas: "Non sabemos se é este o centro de negocios que defende o PP para o edificio da estación de autobuses"

Alexandre Penas: "Os conselleiros do PP deberían vir a Lugo a facer propostas serias, non a anunciar a conexión de Lugo cun centro comercial da Coruña"



Lugo, 25 de febreiro de 2025. O concelleiro do BNG, Alexandre Penas, afirmou que a iniciativa presentada onte pola Xunta de Galiza en Lugo é "desafortunada, rozando incluso o insulto ás e aos lucenses". Penas afirmou que "a Xunta segue sen mostrar un proxecto claro para Lugo, non é razoable que o conselleiro veña presentar como medida estrela o incremento das conexións da nosa cidade cun centro comercial da Coruña".

O BNG critica esta medida "que ataca directamente ao pequeno comercio da cidade, especialmente no centro", segundo explicou Alexandre Penas, que engadiu "non sabemos se este é o centro de negocios que a Xunta valoraba para Lugo".

Alexandre Penas afirmou que o BNG seguirá a defender a creación dun Gran Parque Central no espazo da actual Estación de Autobuses, e lamentou que o conselleiro "non entenda a nosa reclamación", e afirmou que "aínda que falte un ano para que a nova estación entre en funcionamento, é hora de comezar a planificar o futuro uso deste espazo para evitar ver a estación de autobuses abandonada cando entre en funcionamento a intermodal, como está a pasar noutras cidades".

A creación do Grande Parque Central no espazo de máis de 6.500 metros cadrados que agora ocupa a Estación de Atobuses creará en Lugo un gran nucleo verde a carón do centro da cidade, cunha extensión de máis de 27.000 metros cadrados contando con áreas de xogo infantil, un gran centro cultural como é o Vello Cárcere e lugares de convivencia.

O BNG rexistou xa unha proposición para o vindeiro pleno onde insta á Xunta a estudar realizar un proxecto que convirta o espazo da Estación de Autobuses no gran parque central de Lugo.

Alexandre Penas: "Os conselleiros do PP deberían vir a Lugo a facer propostas serias, non a anunciar a conexión de Lugo cun centro comercial da Coruña"