A CONCELLEIRA DE CULTURA DESTACOU "A IMPLICACIÓN ANO A ANO DOS DISTINTOS CORPOS DE SEGURIDADE MUNICIPAIS E ESTATAIS NO BO RESULTADO DO SAN FROILÁN"

Maite Ferreiro participa na Xunta de Seguridade do San Froilán

A concelleira de Cultura destacou "a implicación ano a ano dos distintos corpos de seguridade municipais e estatais no bo resultado do San Froilán"

Entre o 4 e o 12 de outubro, as rúas da cidade acollerán preto de 200 actividades distintas, das cales máis de 100 serán musicais

Maite Ferreiro participa na Xunta de Seguridade do San Froilán

 

Lugo, 25 de setembro de 2023. A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, formou parte da xuntanza da Xunta Local de Seguridade previa ao San Froilán, xuntanza que se celebra anualmente nos días previos ao inicio da gran festa do outono galego e que permite, segundo indicou Maite Ferreiro, "coordinar as necesidades das festas en canto a seguridade e protección da veciñanza". Maite Ferreiro destacou "a implicación dos distintos corpos de seguridade municipais e estatais, unha colaboración que se nota no bo resultado das festas de San Froilán cada ano".

A Xunta Local de Seguridade conta coa representación de Bombeiros, Protección Civil e Policía Local, ademais de Garda Civil e Policía Nacional. Durante as festas, todos os corpos coordinan os seus esforzos para garantir a seguridade de todas as persoas asistentes ao San Froilán, controlando cuestións como a emisión de ruídos no recinto feiral ou a seguridade viaria nos accesos á cidade.

A gran festa do outono galego volve este ano con preto de 200 actividades a desenvolver entre o 4 e o 12 de outubro, das cales máis de 100 serán musicais. Maite Ferreiro destacou que "contamos cun programa no que todas as persoas de Lugo e as e os visitantes que se acheguen nestas xornadas atoparán unha boa selección de actividades ás que asistir". O San Froilán contará con actividades de animación en todos os barrios, e con 3 escenarios principais nas prazas Horta do Seminario, Santa María e na Mosqueira, onde participarán artistas recoñecidos a nivel estatal e internacional como Eliades Ochoa, La M.O.D.A, Baiuca ou Rayden, compartindo escenario con grupos locais.

 

Maite Ferreiro participa na Xunta de Seguridade do San Froilán