FERREIRO: "ESTE CICLO REÚNE A ARTISTAS E COMPAÑÍAS EMERXENTES DA DANZA CONTEMPORÁNEA LUCENSE, GALEGA E INTERNACIONAL"
Maite Ferreiro recibe a nova artista residente do ciclo 'Atopémonos Bailando' celebrado no MIHL
Ferreiro: "Este ciclo reúne a artistas e compañías emerxentes da danza contemporánea lucense, galega e internacional"
Atopémonos Bailando é un proxecto de reactivación de espectáculos de danza organizado pola área de Cultura e o Colectivo Glovo
Lugo, 23 de setembro de 2023. A concelleira de Cultura, Maite Ferreiro, visitou no MIHL á nova artista que está a traballar na segunda edición do programa de residencias artísticas e investigación 'Atopémonos Bailando', impulsado polo Colectivo Glovo, e apoiado pola Área de Cultura do Concello de Lugo.
Allyson Maykal Solís foi a seleccionada no intercambio con Costa Rica e "estará traballando e investigando sobre o seu novo traballo no MIHL dende o 1 de setembro ata o 1 de outubro", explicou Ferreiro. "Este ciclo reúne a artistas e compañías emerxentes da danza contemporánea lucense, galega e internacional", incide Maite Ferreiro, quen convida a todo o mundo a asistir a esta nova mostra.
O vindeiro mércores 27 de setembro ás 19 horas, o MIHL será escenario da mostra aberta 'Las flores de Tirso han muerto' por parte da artista costarricense, gañadora do Premio Nacional Mejor Intérprete de Costa Rica 2021 e do Premio Nacional de Danza Mireya Barboza.
Allyson Maykal Solís
Egresada de Danza Abierta da Universidad de Costa Rica e Bachiller en Relacionista Pública, unha namorada das letras e a natureza. Actualmente bailarina independiente, xestora, creadora, profesora da súa propia investigación latino-contemporánea e bailarina de Danza Contemporánea de diferentes compañías e proxectos personais. Actualmente ten 3 espectáculos, «Caso 26» Premio Nacional Mejor Intérprete de Costa Rica 2021, un dúo chamado «Duelo y Dos», Premio Mejor Intérprete del F. de Coreógrafos Graciela Moreno 2021, e «Afuera» primeira miniserie de Video danza en Costa Rica en espacios naturales.