Maite Ferreiro presenta os datos turísticos da Semana Santa
A concelleira de Cultura afirmou que “Lugo consolidouse como un importante destino nestas datas”
A oficina municipal de turismo da praza do Campo atendeu a 2270 persoas nestes días
Lugo, 10 de abril de 2023. A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, presentou os datos de turismo da semana santa de 2023. Ferreiro explicou que "o número de turistas que se achegaron a Lugo estes días demostran que Lugo xa está consolidado como un destino estratéxico á hora de visitar Galiza". Maite Ferreiro afirmou que “seguiremos traballando para continuar a mellorar os datos e garantir a mellor atención ás persoas que nos visiten”.
A Oficina Municipal de Turismo da praza do Campo atendeu en total a 2270 turistas durante a semana santa, destacando as procedentes do resto de Galiza e das principais zonas do estado, entre as que destacan Madrid e Cataluña, seguidos de Valencia, País Vasco e Andalucía. Europa e América son os lugares dos que proceden maior número de turistas no eido internacional
As salas museísticas municipais continúan a ser un gran atractivo turístico da cidade. Mentres que Porta Miñá e o Centro de Interpretación de San Roque rexistraron números similares ao ano 2019, o a casa dos Mosaicos acolleu 1244 visitas, converténdose na salas museística máis visitada
Entre os visitantes que se achegaron ás distintas instalacións turísticas, destacan os procedentes do resto de Galiza, ademais de Madrid, Andalucía e Cantabria. Suecia, Bélxica e Finlandia foron os países europeos con máis visitantes rexistrados durante esta semana santa
Información turística
Maite Ferreiro lamentou que "mentres que desde a área de Turismo traballamos para consolidar Lugo como un destino de calidade, a Xunta de Galiza mantivo pechadas as instalacións tur´ísticas de Santa Eulalia de Bóveda nunhas datas nas que contamos cunha gran afluencia de visitantes". A concelleira de Turismo afirmou que "a Xunta debería revisar a súa estratexia turística para Lugo e garantir en todos os espazos, do mesmo xeito que facemos desde o Concello"