A CONCELLEIRA DE CULTURA AFIRMOU QUE "NESTA FIN DE SEMANA VIMOS Á CIDADE DE LUGO CONSOLIDADA COMO UN REFERENTE TURÍSTICO"

Maite Ferreiro presenta os datos turísticos do Arde Lucus

A concelleira de Cultura afirmou que "nesta fin de semana vimos á cidade de Lugo consolidada como un referente turístico"


As diversas instalacións municipais recibiron máis de 3000 persoas

Maite Ferreiro presenta os datos turísticos do Arde Lucus



Lugo, 16 de xuño de 2025. A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, presentou os datos de turismo do Arde Lucus 2025. Ferreiro explicou que "o número de turistas que se achegaron a Lugo estes días demostran que Lugo xa está consolidado como un destino estratéxico á hora de visitar Galiza". Maite Ferreiro afirmou que "seguiremos traballando para continuar a mellorar os datos e garantir a mellor atención ás persoas que nos visiten".

Maite Ferreiro, afirmou que "nos últimos anos apostamos por un turismo de calidade e desestacionalizado, que permita a convivencia das e dos visitantes coas persoas que residen en Lugo". A concelleira de Turismo afirmou que "os datos están xa a demostrar que esta campaña está dando os seus froitos, e vemos como con cada campaña Lugo conta cuns datos positivos".

As diferentes instalacións recibiron en total 3212, destacando a importancia do punto de información da Oficina Municipal de Turismo instalado na praza Maior, destacando as procedentes do resto de Galiza e das principais zonas do estado, entre as que destacan Madrid e Cataluña, seguidos de Valencia, País Vasco e Andalucía. Europa e América son os lugares dos que proceden maior número de turistas no eido internacional.

Maite Ferreiro presenta os datos turísticos do Arde Lucus