A ÁREA DE CULTURA COLABORA COA ASOCIACIÓN MÚSICO CRISANTO NA ORGANIZACIÓN DAS ACTIVIDADES

Maite Ferreiro presenta a II Edición do Lucus Music Festival, un encontro multidisciplinar de eventos musicais

IMG_0009

Entre o 28 de agosto e o 2 de setembro, as rúas de Lugo acollerán concertos cunha gran variedade de estilos, xunto con masterclass a cargo dos directores de orquestra Rafael Pascual Vilaplana e Enrique García Asensio

Maite Ferreiro presenta a II Edición do Lucus Music Festival, un encontro multidisciplinar de eventos musicais

 

Lugo, 16 de agosto de 2023.  A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, presentou a segunda edición do Lucus Music Fest, unha nova edición da proposta organizada pola asociación Músico Crisanto e que conta coa colaboración da área de Cultura do Concello de Lugo que encherá de música as rúas de Lugo entre o 28 de agosto e o 2 de setembro.

O festival acollerá ao mesmo tempo masterclass de dirección e canto, achegando a Lugo a unha serie de directores de orquestra para participar en formacións da man de profesionais como Rafael Pascual Vilaplana ou Enrique García Asensio.

A concelleira de Cultura indicou que esta segunda edición do Lucus Music Festival "propón 15 actividades abertas ao público xeral, con concertos, conferencias e ensaios abertos de distintas agrupacións musicais, que servirán tamén para mostrar o traballo realizado polas cantantes e directores asistentes ao campus"-

O campus, na categoría de dirección musical, permitirá ás participantes "desenvolver a súas competencias como directores e directoras de agrupacións musicais, mellorando as ferramentas xestuais e técnicas das participantes" e mellorando a relación orgánica entre a agrupación e a dirección. Para isto, achegarase formación en eidos como a posición corporal, o tempo, as dinámicas de traballo ou a independencia xestual.

"Na categoría de canto, búscase transmitir a importancia do coñecemento propio para sacar o maior proveito á voz das persoas participantes", explicou Maite Ferreiro. Organizaranse clases individuais e personalizadas para desenvolver as calidades segundo as necesidades de cada unha das participantes, afondando na preparación de castings, concursos e audicións achegando coñecemento detallado sobre todos os protocolos a seguir, aclarou a edil de Cultura.

 

-------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

 

Programación II Lucus Music Festival

 

Luns 28

20:30 na Praza Anxo Fernández Gómez – Concerto introductorio de músicas populares con Banda Sinfónica.

 

Martes 29

10:30 na Escola de Música de Lugo – Recepción

11:00 a 17:30 na Escola de Música de Lugo – Clases

17:45 a 19:45 na Rúa Quiroga Ballesteros – Ensaio aberto coa Banda Sinfónica e Coro

20:30 no Círculo das Artes – Concerto de xuventude solista

 

Mércores 30

10:45 a 14:00 na Rúa Quiroga Ballesteros – Ensaio aberto con Big Band

16:00 a 19:30 na Escola de Música de Lugo – Clases

20:30 na Praza Anxo Fernández Gómez – Concerto de Big Band

 

Xoves 31

10:45 a 14:00 na rúa Quiroga Ballesteros – Ensaio aberto con Ensemble de saxos.

16:00 a 19:30 na Escola de Música de Lugo – Ensaio con Grupo de Cordas

20:30 na Praza Anxo Fernández Gómez – Concerto con Ensemble de saxos

 

Venres 1

10:45 a 14:00 na Escola de Música de Lugo – Ensaio con Grupo de Corda

16:00 a 17:30 na Escola de Música de Lugo – Masterclass Enrique García Asensio

18:00 a 19:30 na Escola de Música de Lugo – Clases

20:30 no Círculo das Artes – Concerto de Grupo de corda

 

Sábado 2

10:45 a 14:00 na Escola de Música de Lugo – Ensaio con ensemble de metais

16:00 a 17:30 na Escola de Música de Lugo – Marterclass Rafael Pascual Vilaplana

18:00 a 19:30 na Praza Anxo Fernández Gómez – Ensaio aberto con Banda Sinfónica e Coro

20:30 na Praza Anxo Fernández Gómez – Concerto final con ensemble de metais + Banda de música e coro

Maite Ferreiro presenta a II Edición do Lucus Music Festival, un encontro multidisciplinar de eventos musicais