CRISTINA LÓPEZ: "O DEPÓSITO ATÓPASE NUNHA SITUACIÓN DE CASE PLENA OCUPACIÓN, POLO QUE É NECESARIO ACOMETER UNHA BUSCA DUN NOVO EMPRAZAMENTO"

A área de Participación traballa na ampliación do Arquivo Municipal

IMG_20230703_121401

Os departamentos de Cristina López e Felipe Rivas están a analizar a viabilidade do anexo do Colexio de Albeiros como lugar onde poder situar a extensión do Arquivo Municipal

 

Cristina López: "O depósito atópase nunha situación de case plena ocupación, polo que é necesario acometer unha busca dun novo emprazamento"

A área de Participación traballa na ampliación do Arquivo Municipal

Lugo, 07 de agosto de 2023. A concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López, anunciou que o Goberno de Lugo está a estudar a viabilidade das instalacións do anexo do Colexio de Albeiros como posible ubicación do depósito do Arquivo Municipal. Cristina López indicou que, na actualidade, "o depósito atópase nunha situación de case plena ocupación, polo que é necesario acometer unha busca dun novo emprazamento".

O estudo da ubicación realizarase nas vindeiras semanas por parte do persoal técnico do Concello de Lugo, "revisarase o espazo para coñecer se é viable ou non que se ubique nesta instalación", explicou a concelleira de Participación. Esta instalación foi obxecto dunha importante intervención o ano pasado, cando se renovou a cuberta do edificio.

Segundo comentou Cristina López, a xeración de papel é cada día menos, pero aínda conviven os dous formatos, polo que "é necesario o seu arquivo", insistiu. Así, con esta medida preténdese "atender a unha necesidade fundamental" como é a ampliación do depósito do Arquivo Municipal, declarou Cristina López

 
A área de Participación traballa na ampliación do Arquivo Municipal